Cortando a cinta
Parabéns! Logo da superación persoal e o esforzo colectivo, chegastes á liña de meta! Agora, só cómpre cortar a cinta e atravesala, é dicir, entregar o informe final.
A entrega do informe realizarase en dous formatos: ODS e PDF. Antes de exportalo a PDF, terás que organizar ben o contido para que quede colocado de forma axeitada.
Ide paso a paso para que o informe quede claro, vistoso e comprensible.
A organización
O seguinte vídeo amosa como preparar o contido das follas antes de xerar un informe en LibreOffice Calc:
A maquetaxe
Queres mellorar a maquetaxe do informe? Podes engadirlle cabeceira e rodapé, tal e como se amosa no seguinte vídeo:
A exportación
Unha vez feito isto, a exportación é moi sinxela. Basta despregar o menú "Ficheiro" e seleccionar en "Exportar como PDF". Tamén hai unha icona para facelo directamente.
Unha vez feita a exportación gárdao co nome "Resultado_Nomedaproba.pdf" e gárdao no cartafol "Resultados_Nomedaproba".
A entrega
Para rematar comprime o cartafol que contén estes dous ficheiros en formato ZIP.
Sigue as instrucións do profesorado para a súa entrega no curso virtual da materia.
Lectura facilitada
Parabéns! Con superación persoal e esforzo colectivo, chegastes á liña de meta!
Agora, precisades cortar a cinta e atravesala. É dicir, entregar o informe final.
A entrega do informe realizarase en dous formatos: ODS e PDF.
Antes de exportalo a PDF, terás que organizar ben o contido.
Así, quedará colocado de forma axeitada.
Ide paso a paso para que o informe quede claro, vistoso e comprensible.
A organización
Tedes que preparar o contido, ordenalo e organizalo.
Logo podedes xerar o informe.
O seguinte vídeo amosa como facelo en LibreOffice Calc:
A maquetaxe
Queres mellorar a maquetaxe do informe?
Podes engadirlle cabeceira e rodapé.
No seguinte vídeo amósase como:
A exportación
Despois de preparar o informe, a exportación é moi sinxela.
Basta despregar o menú "Ficheiro" e seleccionar en "Exportar como PDF".
Tamén hai unha icona para facelo directamente.
Despois de facer a exportación garda o ficheiro co nome "Resultado_Nomedaproba.pdf".
Gárdao no cartafol "Resultados_Nomedaproba".
A entrega
Para rematar comprime o cartafol que contén estes dous ficheiros en formato ZIP.
Entrega o ficheiro comprimido no curso virtual da materia.
O profesorado darache as instrucións para facer a entrega.

