Son feitos, números, palabras ou símbolos que teñen pouco valor ata que se procesan ou relacionan cun contexto determinado.
Exemplo:
Unha temperatura de 4 ºC, un tempo de 24 horas ou unha probabilidade do 90%.
Información
Definición:
Conxunto organizado de datos, procesados e contextualizados que achegan coñecemento para unha persoa ou conxunto de persoas.
Exemplo:
Cunha probabilidade do 90% durante as próximas 24 horas e con temperaturas de 4 ºC, este conxunto de datos proporcionan información sobre condicións meteorolóxicas.
Datos e máis datos
A diario, nas rutinas máis sinxelas e sen que te deas conta, estás a manexar continuamente datos, moitos datos.
A continuación vouche presentar a Adrián, un rapaz da túa idade que estuda 3º da ESO nun instituto galego.
Un novo día
Adrián levántase logo de poñer o despertador a noite anterior.
Preparación
Como a clase comeza ás 9 da mañá, pon o despertador unha hora antes para non chegar tarde.
Primeiros pasos
Logo de asearse, quenta o leite no microondas durante 90 segundos, pois gústalle morno.
Comprobacións
Antes de saír, súa nai recórdalle que leve o paraugas porque anunciaron un 80% de choivas, e colle o abrigo de inverno pois a temperatura a esas horas é de 6 ºC.
Acabas de darte conta de todos os datos que sen pensalo estivo a manexar Adrián?
Lectura facilitada
A diario manexas moitos datos.
Vouche presentar a Adrián.
Adrián é un rapaz da túa idade.
Adrián estuda 3º da ESO nun instituto galego.
Algunhas das rutinas de Adrian son:
Pon o despertador para as 8 da mañá. Faino a noite anterior.
Logo de asearse quenta o leite no microondas durante 90 segundos.
Colle o paraugas antes de saír porque anunciaron unha probabilidade do 80% de choivas.
Tamén colle o abrigo de inverno pois a temperatura a esas horas é de 6 ºC.
Ves todos os datos que estivo a manexar Adrián?
Audio
Os datos de Adrián
A hora a que comeza a clase e á que soa o despertador.
O tempo que quenta o leite no microondas.
A necesidade de levar un paraugas por se chove e abrigarse porque vai frío.
Audio
Dos datos á información
Pero... que son os datos? En realidade son útiles? Ou quizais, o que realmente ten utilidade é a información que proporcionan eses datos?
Recordas a Adrián. Esa mañá a nai de Adrián achegoulle un dato, o 80%. Este dato illado e fora de contexto é iso, soamente un dato. Pero se agora tes en conta que ese 80% se refire á probabilidade de choiva, Adrián pode anticipar a necesidade de levar o paraugas pois é moi probable que chova.
Podes imaxinarte cantos datos se xeran ao longo dun día? Pensaches algunha vez que todas as tarefas diarias que fas xeran datos? Cantos datos crees que podes xerar cando mandas mensaxes ou correos electrónicos, cando envías fotos ou vídeos, cando fas procuras de información en Internet ou simplemente cando miras as túas redes sociais?
Consulta o seguinte vídeo para afondar un pouco máis sobre que son datos e información.
Lectura facilitada
Pero que son os datos? Teñen algunha utilidade os datos?
É máis útil a información que proporcionan eses datos?
Por exemplo. A nai de Adrián achegoulle un dato, o 80%. Este dato illado e sen contexto soamente é un dato, non ten significado.
Ese 80% é a probabilidade de choiva.
Adrián colle o paraugas porque é probable que chova.
Pensaches algunha vez que todas as tarefas diarias que fas xeran datos?
Cantos datos xeras coa Internet ou redes sociais?
Consulta o seguinte vídeo para afondar un pouco máis sobre que son datos e información.
Audio
Que vas aprender?
Neste recurso aprenderás a:
Manexar un conxunto de datos dunha folla de cálculo: filtrar, ordenar e aplicar condicións.
Realizar operacións básicas e crear formulas sinxelas coa folla de cálculo.
Representar datos en forma de gráficos e diagramas nunha folla de cálculo.
Dar formato a un conxunto de datos e xerar informes claros e visuais.
Lectura facilitada
Neste recurso aprenderás a:
Manexar un conxunto de datos dunha folla de cálculo: filtrar, ordenar e aplicar condicións.
Realizar operacións básicas.
Crear formulas sinxelas coa folla de cálculo.
Representar datos en forma de gráficos e diagramas.