Saltar navegación

4.3. Peche e consolidación do club

Xuntando os apartados

Duración: 1 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Cada un de vós xa ten rematado o seu apartado, polo que chegou o momento de unilos todos para crear o documento final do club.

Para unir os apartados podedes seguir esta proposta:

Como unir todos os apartados nun único documento

Imaxe que amosa unha man indicando o número un.Gardade todos os apartados na mesma localización

Por exemplo: 

  • No mesmo ordenador e mesmo cartafol. 
  • No mesmo lapis de memoria e mesmo cartafol.

Imaxe que amosa unha man indicando o número dousCopiade o segundo apartado

  • Abride o primeiro apartado e gardádeo co nome final da documentación do club. Este será o ficheiro final.
  • Recordade poñer o nome indicado polo docente ou o elixido por vós pero cumprindo coas normas de nomenclatura de ficheiros.

Imaxe que amosa unha man indicando o número tresCopiade o terceiro apartado e seguintes

  • Abride o segundo apartado e copiade o seu contido a continuación do primeiro apartado no ficheiro que estades empregando como final.
  • Seguide co terceiro apartado e así sucesivamente ata que teñades todos copiados no ficheiro final.
  • Non esquezades gardar cada vez que fagades un cambio.

Imaxe dunha man que indica o número catroComprobade que están todos os apartados

  • Unha vez que teñades todos os apartados pegados nun único ficheiro xa tendes a documentación final.
  • Comprobade que están todos os apartados no documento final.
  • Pero queda un último paso. Sabes cal é?

Imaxe que amosa unha listaActualizade o índice!

  • Agora que o documento está completo e ten todos os apartados e máis páxinas é necesario actualizar o índice.
  • Se necesitas consultar como se actualizaba o índice, podes consultar a Fase 3.7. 

Imaxe que amosa a unha persoa contenta por rematar un traballoCompletado!

  • O voso documento está completo.
  • Pero iso non significa que teñades rematado o reto. Aínda quedan uns últimos retoques.

Lectura facilitada

Cada un de vós xa ten rematado o seu apartado.

Chegou o momento de unilos todos para crear o documento final do club.

Para unir os apartados podedes seguir esta proposta:

Como unir todos os apartados nun único documento

Imaxe que amosa unha man indicando o número un.Gardade todos os apartados na mesma localización

  • No mesmo ordenador e mesmo cartafol. 
  • No mesmo lapis de memoria e mesmo cartafol.

Imaxe que amosa unha man indicando o número dousCopiade o segundo apartado

  • Abride o primeiro apartado.
  • Gardádeo co nome final da documentacion do club.
  • Este será o ficheiro final.
  • Recordade poñer o nome indicado polo docente ou o elixido por vós.  Cumpride coas normas de nomenclatura de ficheiros.

Imaxe que amosa unha man indicando o número tresCopiade o terceiro apartado e seguintes

  • Abride o segundo apartado e copiade o seu contido a continuación do primeiro apartado no ficheiro que estades empregando como final.
  • Seguide co terceiro apartado e así sucesivamente ata que teñades todos copiados no ficheiro final.
  • Non esquezades gardar cada vez que fagades un cambio.

Imaxe dunha man que indica o número catroComprobade que están todos os apartados

  • Comprobade que están todos os apartados no documento final.
  • Pero queda un último paso. 

Imaxe que amosa unha listaActualizade o índice!

  • O documento está completo e ten todos os apartados, así que é necesario actualizar o índice.
  • Se necesitas consultar como se actualizaba o índice, podes consultar a Fase 3.7. 

Imaxe que amosa a unha persoa contenta por rematar un traballoCompletado!

  • O voso documento está completo.
  • Pero iso non significa que teñades rematado o reto. Aínda quedan uns últimos retoques.

Revisión ortográfica

Antes de entregar hai que facer unha revisión ortográfica e gramatical do texto empregando a ferramenta que proporciona LibreOffice Writer.

A continuación explícanse as dúas maneiras de acceder á "Xanela de corrección" ortográfica e como empregala:

1. Menú Ferramentas → Ortografía

Na parte superior da xanela atoparás a barra de menús. Preme en Ferramentas → Ortografía e abrirase unha xanela coas ferramentas de corrección ortográfica e gramatical. 

Captura de pantalla da barra de ferramentas do software LibreOffice writer onde aparece a ruta para chegar á correción ortográfica.

2. Icona da barra de ferramentas

Tamén podes abrir a ferramenta directamente desde a barra de iconas situada xusto enriba do documento e chegarás á mesma xanela que na opción anterior.

Captura de pantalla do software Libreoffice writer onde aparece a icona da corrección ortográfica

Xanela de corrección

A xanela que se abre en ambos casos é a seguinte:

Captura de pantalla modificada na que se amosa a xanela de corrección ortográfica de Libreoffice Writer coas súas opcións

Lectura facilitada

Antes de entregar a documentación do club é importante facer unha revisión ortográfica e gramatical do texto.

LibreOffice Writer ofrece unha ferramenta que permite facer esta revisión propoñendo alternativas aos posibles erros que aparezan no texto.

A continuación explícanse as dúas maneiras de acceder á "Xanela de corrección" ortográfica e como empregala:

1. Menú Ferramentas → Ortografía

Na parte superior da xanela atoparás a barra de menús. Preme en Ferramentas → Ortografía e abrirase unha xanela coas ferramentas de corrección ortográfica e gramatical. 

Captura de pantalla da barra de ferramentas do software LibreOffice writer onde aparece a ruta para chegar á correción ortográfica.

2. Icona da barra de ferramentas

Tamén podes aplicar formato directamente desde a barra de iconas situada xusto enriba do documento e chegarás á mesma xanela que na opción anterior.

Captura de pantalla do software Libreoffice writer onde aparece a icona da corrección ortográfica

Xanela de corrección

A xanela que se abre en ambos casos é a seguinte:

Captura de pantalla modificada na que se amosa a xanela de corrección ortográfica de Libreoffice Writer coas súas opcións

Resumo

Imaxe que amosa unha man co polgar cara arriba e un check verdeTermo correcto

O corrector considera que o termo ou expresión é incorrecto, pero para o usuario é correcta:

  • Ignorar unha vez: o corrector seguirá considerando o termo como incorrecto e o indicará cada vez que o atope no texto.
  • Ignorar todo: avisamos ao corrector de que o termo é correcto e non nos avisará en máis ocasións.
  • Engadir ao dicionario: avisamos ao corrector de que o termo é correcto e o engadimos ao dicionario de Writer para que nunca máis o considere un erro cando usemos o programa.

Imaxe que amosa unha man co polgar cara abaixo e unha aspa vermellaTermo incorrecto

  • Corrixir: o corrector cambiará a palabra incorrecta pola suxerida. Se aparece máis dunha suxerida, podedes elixir a que mellor vos pareza.
  • Corrixir todo: o corrector cambiará a palabra incorrecta pola suxerida en todo o texto dunha vez.
  • Engadir a corrección automática: o corrector engadirá a palabra incorrecta como un erro, de xeito que cando empreguedes de novo o Writer e cometades ese erro, o programa avisará poñendo un subliñado vermello baixo a palabra.

Lectura facilitada

Imaxe que amosa unha man co polgar cara arriba e un check verdeTermo correcto

Para o corrector é incorrecto pero o usuario é correcto: 

  • Ignorar unha vez: o corrector indicará a corrección cada vez que o atope o termo.
  • Ignorar todo: avisamos ao corrector de que o termo é correcto e non nos avisará en máis ocasións.
  • Engadir ao dicionario: avisamos ao corrector de que o termo é correcto e o engadimos ao dicionario de Writer para que nunca máis o considere un erro cando usemos o programa.

Imaxe que amosa unha man co polgar cara abaixo e unha aspa vermellaTermo incorrecto

Usuario e corrector están de acordo en que o termo é incorrecto.

  • Corrixir: o corrector cambiará a palabra incorrecta pola suxerida. Se aparece máis dunha suxerida, podedes elixir a que mellor vos pareza.
  • Corrixir todo: o corrector cambiará a palabra incorrecta pola suxerida en todo o texto dunha vez.
  • Engadir a correccion automática: o corrector engadirá a palabra incorrecta como un erro, de xeito que cando empreguedes de novo o Writer e cometades ese erro, o programa avisará poñendo un subliñado vermello baixo a palabra.

O toque final!

Por fin chegou o momento!

É a hora de facer as últimas comprobacións e repasos antes de entregar a documentación do voso club.

Seguide a secuencia de pasos que se amosa a continuación para rematar o reto.

Os últimos pasos

Imaxe que amosa un círculo dividido en catro partesRevisade que están todos os apartados

Lede o documento enteiro comprobando que están todos os apartados e que o índice está actualizado.

Imaxe que amosa un cadro dentro dun museoRevisade o formato e os elementos

  • Revisade que todos os apartados teñen o mesmo formato de parágrafo, carácter, títulos etc.
  • Comprobade que están todos os elementos que se solicitan: listas, imaxes, formas etc.

Imaxe que amosa unha man corrixindo un texto cun check verdeCorrixide a ortografía

  • Empregade a ferramenta de corrección ortográfica e gramatical que se explicou anteriormente para corrixir os posibles erros.
  • Se tedes algunha dúbida, sempre podedes visitar o dicionario da RAG (Real Academia Galega): https://academia.gal/dicionario.

Imaxe que amosa a unha persoa gardando un documento nun arquivadorGardade e exportade o ficheiro

  • Gardade o ficheiro tras a revisión ortográfica comprobando:
    • Nome correcto e cumprindo o formato establecido.
    • Formato correcto de ficheiro.
  • Exportade o documento a PDF.

Persoa entregando unha bola vermella a outraFacede a entrega

Entregade a vosa documentación subindo o ficheiro á tarefa da plataforma virtual na que se atope o voso curso.

Lectura facilitada

É a hora de facer as últimas comprobacións e repasos antes de entregar a documentación do voso club.

Seguide a secuencia de pasos que se amosa a continuación para rematar o reto.

Os últimos pasos

Imaxe que amosa un círculo dividido en catro partesRevisade que están todos os apartados

  • Lede o documento enteiro comprobando que están todos os apartados.
  • Comprobade que o índice está actualizado.

Imaxe que amosa un cadro dentro dun museoRevisade o formato e os elementos

  • Revisade que todos os apartados teñen o mesmo formato de parágrafo, carácter, títulos, etc.
  • Comprobade que están todos os elementos que se solicitan: listas, imaxes, formas, etc.

Imaxe que amosa unha man corrixindo un texto cun check verdeCorrixide a ortografía

  • Empregade a ferramenta de corrección ortográfica e gramatical para corrixir os posibles erros.
  • Se tedes algunha dúbida, empregade o dicionario da Real Academia Galega, que se atopa aquí: https://academia.gal/dicionario

Imaxe que amosa a unha persoa gardando un documento nun arquivadorGardade e exportade o ficheiro

  • Gardade o ficheiro tras a revisión ortográfica comprobando que o nome é correcto.
  • Comprobade tamén cando gardedes o ficheiro que o formato de ficheiro é correcto.
  • Exportade o documento a PDF.

Persoa entregando unha bola vermella a outraFacede a entrega

Entregade a vosa documentación subindo o ficheiro á tarefa da plataforma virtual na que se atope o voso curso.

Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Reflexiona sobre as seguintes cuestións relacionadas coa aprendizaxe levada a cabo nesta fase. Escribe as túas conclusións no bloque 4 do teu diario de aprendizaxe.

  • En que sección do deseño da documentación atopaches maiores dificultades? Por que?
  • Consideras que o voso documento é accesible para a totalidade do voso público obxectivo, isto é o resto do alumnado do centro? Que cambios consideras que poderías realizar para mellorar este aspecto?
  • Cales consideras que foron as principais achegas que fixeches ao grupo durante a resolución do reto?
  • Enche a táboa que atoparás no teu diario de aprendizaxe, indicando o nome da ferramenta do procesador de textos que máis che axudou en cada caso.
  • Que dificultades consideras que existiron a nivel grupal na resolución do reto? Como as resolvestes?
  • Diario común: analiza, xunto co teu equipo, a documentación do club creada, cubrindo a seguinte lista de cotexo e realizando unha valoración conxunta sobre o voso produto e as posibles melloras.

Lectura facilitada

Reflexiona sobre as seguintes cuestións relacionadas coa aprendizaxe levada a cabo nesta fase.

Escribe as túas conclusións no bloque 4 do teu diario de aprendizaxe.

  • En que sección do deseño da documentación atopaches maiores dificultades? Por que?
  • Consideras que voso documento é accesible para a totalidade do voso público obxectivo, isto é, o resto do alumnado do centro?
  • Que cambios consideras que poderías realizar para mellorar este aspecto?
  • Cales consideras que foron as principais achegas que fixeches ao grupo durante a resolución do reto?
  • Enche a táboa que atoparás no teu diario de aprendizaxe, indicando o nome da ferramenta do procesador de textos que máis che axudou en cada caso.
  • Que dificultades consideras que existiron a nivel grupal na resolución do reto?
  • Como as resolvestes?
  • Diario común: analiza, xunto co teu equipo, a documentación do club creada, cubrindo a seguinte lista de cotexo e realizando unha valoración conxunta sobre o voso produto e as posibles melloras.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)