Saltar navegación

4.1. Primeiros pasos do club

Refrescando a memoria

Estades a piques de teclear as primeiras liñas para o voso club, pero antes cómpre formalo.

Neste apartado definiredes a temática e o estilo do club.

Recordade que xa tedes moito traballo feito e coñecementos aprendidos nas fases anteriores. A seguinte lista é unha referencia por se, nalgún momento, precisades refrescar a memoria: 

Para recuperar a documentación de clubs na que xa traballastes:

Para revisar o referente a formatos:

Lectura facilitada

Estades a piques de teclear as primeiras liñas para o voso club.

Neste apartado definiredes a temática e o estilo do club.

Xa tedes moito traballo feito e coñecementos aprendidos nas fases anteriores.

Na seguinte lista aparecen os apartados anteriores onde podedes consultar as dúbidas que vos xurdan:

Para recuperar a documentación na que xa traballastes:

Para revisar o referente a formatos:

Hora de agruparse

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

O primeiro paso para crear o club é crear un grupo de catro integrantes.

Recorda que tes que ser flexible á hora de buscar un grupo, non sempre se pode conseguir todo o que un/ha quere.

Os seguintes exemplos poden axudarche a agruparte:

  1. Se xa tes claro de que vai a ser o teu club, podes buscar persoas que queiran unirse.
  2. Pode que non haxa ninguén interesado/a na túa idea. Pregunta ás demais persoas os temas dos seus clubs.
  3. Seguro que algunha das ideas que che propoñen encaixa nalgún dos teus intereses. Valora se queres unirte a ese club.
  4. Conseguido? Parabéns! Xa formas parte dun club!

Lectura facilitada

Crea un grupo de catro integrantes.

Recorda que tes que ser flexible á hora de buscar un grupo.

Os seguintes exemplos poden axudarche a agruparte:

  1. Se xa tes claro de que vai a ser o teu club, busca persoas que queiran unirse.
  2. Se non hai ninguén interesado na túa idea, pregunta ás demais persoas os temas dos seus clubs.
  3. Se algunha das ideas que che propoñen encaixa no que che gusta. podes unirte a ese club. 
  4. Conseguido? Parabéns! Xa formas parte dun club!

Hora de organizarse

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Xa formades parte dun grupo. Vós sodes os integrantes do club.

Os seguintes pasos consisten en organizarvos internamente realizando as seguintes tarefas:

  1. Buscade un nome para o voso club. Podedes realizar unha choiva de ideas para obter o nome.
  2. Poñédevos de acordo nas actividades e obxectivos que queredes para o voso club. 
  3. Repartide os apartados da documentación entre vós. Lembrade que están na páxina anterior.

É importante que esteades de acordo no que queredes conseguir e que cada persoa teña claras as súas tarefas.

Se considerades que hai algún aspecto máis que sexa importante acordar, facédeo agora.

Lectura facilitada

Xa formades parte dun grupo.

Agora tedes que organizarvos internamente realizando as seguintes tarefas:

  1. Buscade un nome para o voso club. 
  2. Poñédevos de acordo nas actividades e obxectivos que queredes para o voso club. 
  3. Repartide os apartados da documentación entre vós.

Poñédevos de acordo no que queredes conseguir.

Cada persoa ten que ter claras as súas tarefas.

Acordando o estilo

Duración: 20 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Cada integrante do grupo realizará unha parte diferente da documentación que despois poñeredes en común.

O máis eficiente é acordar un estilo básico para que cando xuntedes toda a documentación o traballo de maquetaxe sexa menor.

Que estilos tendes que definir antes de comezar a traballar?

Formato de parágrafo

  • Corpo de texto: tipografía, tamaño, aliñamento, espazo interlineal, cor da letra, sangrías...
  • Títulos: niveis de títulos e nome de cada un, tipografía, tamaño e cor.

Listas ordenadas e sen ordenar

  • Tipo de viñetas para as listas sen ordenar.
  • Tipo de numeración para as listas ordenadas.
  • Formato do esquema das listas.

Ocórresevos algo máis?

Lectura facilitada

Cada integrante do grupo realizará unha parte diferente da documentación.

Despois poñeredes en común todas as partes de todos os compoñentes.

O mellor é acordar un estilo básico para que o empreguedes todos os integrantes.

Así cando xuntedes toda a documentación o traballo de maquetaxe será menor.

A continuación aparecen todos os estilos que tedes que definir para o estilo básico: 

Formato de parágrafo

  • Corpo de texto: tipografía, tamaño, aliñamento, espazo interlineal, cor da letra, sangrías...
  • Títulos: niveis de títulos e nome de cada un, tipografía, tamaño e cor.

Listas e ordenadas e sen ordenar

  • Tipo de viñetas para as listas sen ordenar.
  • Tipo de numeración para as listas ordenadas.
  • Formato do esquema das listas.

Ocórresevos algo máis?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)