Saltar navegación

3.1. Os arquivos do club

 

Glosario

Exportar

Icona que representa o paso de .ODT a .PDF para representar a exportación de arquivos

Definición:

Acción de gardar ou converter un documento a outro formato distinto do orixinal.

Exemplo:

Unha vez rematado o traballo de Tecnoloxía no Writer, exporteino a formato PDF para entregalo na aula virtual.

Extensión

Extensións de diferentes arquivos: ODT, ODS e PDF

Definición:

Cadea de caracteres que a xeito de sufixo levan os arquivos ao final do seu nome precedida por un punto para indicar o seu formato. Tamén permite identificar o programa co que se pode abrir. 

Exemplo:

O ficheiro da documentación do club gárdase coa extensión .odt ao ser creado con Writer.

Formato de arquivos

Antes de comezar a redactar a documentación do teu club, é importante saber como gardar e compartir correctamente o teu traballo co resto do equipo. Existen diferentes formatos, pero cada un deles ten as súas propias características e limita o uso que podes facer deles. Coñecelos e saber como traballar correctamente con eles axudarache a traballar con máis seguridade e profesionalidade durante a creación do voso club.

Os principais formatos que podes manexar nun procesador de texto son os seguintes: 

.odt

Documento que representa un procesador de textos con formato .ODT

  • É un formato libre e aberto. É o recomendado para traballar con LibreOffice Writer.
  • Permite gardar estilos, formatos, imaxes, táboas e calquera elemento que poidas inserir desde o programa.
  • Ofrece unha boa compatibilidade con outros procesadores de texto que admitan formatos abertos.
  • Aínda que sexa máis compatible con LibreOffice Writer, tamén é posible abrir documentos con esta extensión desde Microsoft Word desde a súa versión 2007 e superiores.

.docx

Documento que representa un procesador de texto con extensión .docx

  • É o formato empregado por Microsoft Word. Ata a versión do 2003, incluída, a extensión era .doc, nas antigas versións do programa.
  • Permite gardar estilos, formatos, imaxes, táboas e calquera elemento que poidas inserir desde o programa.
  • Foi creado por Microsoft, pero é un formato aberto, á diferenza do .doc que era propietario.
  • LibreOffice Writer pode abrir e editar os documentos con esta extensión.

.txt

Icona que representa o formato .txt

  • É un tipo formato de texto plano, polo que só garda caracteres, sen estilos nin formatos.
  • É útil para gardar contidos simples, listas ou textos que se van importar noutros programas.
  • Non permite gardar imaxes, táboas nin elementos avanzados, só texto.
  • Podes gardar neste formato empregando tanto aplicacións coma o Bloc de notas, coma desde os propios procesadores vistos anteriormente: LibreOffice Writer ou Microsoft Word, entre outros, escollendo especificamente esta opción en "Gardar como".

.pdf

Icona dun documento .PDF

  • Permite gardar o documento final cun aspecto fixo, mantendo o deseño en calquera dispositivo desde o que se abra.
  • Non é un formato destinado a editar o contido, senón que está pensado para visualizar, imprimir ou compartir un documento, sen modificacións.
  • Tanto LibreOffice Writer coma Microsoft Word teñen a posibilidade de exportar facilmente os documentos creados a .pdf.

Lectura facilitada

Antes de comezar, é importante saber como gardar e compartir ben o teu traballo co resto do equipo.

Existen diferentes formatos.

Cada formato ten as súas propias características.

Isto limita o uso que podes facer deles.

Coñecer os diferentes formatos vaiche axudar a traballar mellor na creación do club.

Os principais formatos que podes usar nun procesador de textos son os seguintes: 

.odt

  • É un formato libre e aberto.
  • É o recomendado para traballar con LibreOffice Writer.
  • Permite gardar:
    • estilos
    • formatos
    • imaxes
    • táboas
    • calquera elemento que poidas engadir desde o programa.
  • Ofrece unha boa compatibilidade con outros procesadores de texto.
  • É máis compatible con LibreOffice Writer.
  • Tamén é posible abrir documentos con esta extensión desde Microsoft Word desde a súa versión 2007 e superiores.

.docx

  • É o formato empregado por Microsoft Word.
  • Ata a versión do 2003 a extensión era .doc.
  • Permite gardar:
    • estilos
    • formatos
    • imaxes
    • táboas
    • calquera elemento que poidas engadir desde o programa.
  • Foi creado por Microsoft.
  • É un formato aberto, á diferenza do .doc que era propietario.
  • LibreOffice Writer pode abrir e editar os documentos con esta extensión.

.txt


  • É un tipo formato de texto plano.
  • Isto fai que só garde caracteres.
  • Non garda estilos nin formatos.
  • É útil para gardar:
    • contidos simples
    • listas
    • textos que se van importar noutros programas.
  • Non garda:
    • imaxes
    • táboas
    • elementos avanzados.
  • Podes gardar neste formato con:
    • aplicacións coma o Bloc de notas
    • os propios procesadores de texto como LibreOffice Writer ou Microsoft Word
    • Nos procesadores debes escoller esta opción en "Gardar como".

.pdf

  • Permite gardar o documento final cun aspecto fixo.
  • Garda o deseño en calquera dispositivo desde o que se abra.
  • Non é un formato para editar o contido.
  • É un formato para: 
    • ver
    • imprimir
    • compartir documentos, sen modificalos. 
  • Tanto LibreOffice Writer coma Microsoft Word permiten converter a .pdf.

O poder do PDF

A partir deste intre comezarás a crear diferentes documentos ata completares a documentación final do teu club. Para que todo este traballo quede ben presentado e non se vexa alterado ao abrilo nun equipo diferente ao que empregaches para crealo, é imprescindible utilizar un dos formatos vistos anteriormente: o PDF.

Unha vez que teñas os documentos rematados, é fundamental que, ademais de conservar a versión editable (é dicir, o ficheiro .odt  se empregas Writer), tamén os exportes a .pdf do seguinte xeito:

Como exportar a .pdf? 

Pictograma ARASAAC onde se mostra un rato dun ordenador e unha frecha indicando que se fai clic no botón esquerdoRuta para exportar

Co ficheiro que desexas exportar aberto, segue a ruta Ficheiro → Exportar como → Exportar como PDF. 

Pictograma ARASAAC onde se mostra unha persoa elixindo entre dous círculos.Axustar os parámetros de exportación

Na seguinte xanela, axusta os parámetros que precises para facer a exportación.

Na maioría dos casos poderás deixalos tal e como saen por defecto, aínda que pode ser útil para exportar parte do documento marcando páxinas en concreto ou se tes moitas imaxes e precisas comprimilas, para que non pese moito o arquivo.

Xanela que se abre para axustar os parámetros de exportación a PDF

Pictograma ARASAAC dunha persoa cun tick verde de aceptarAceptar e gardar

Unha vez elixidas todas as opcións, premer en "Exportar" e garda o documento en formato PDF no cartafol desexado.

Deste xeito podes deixar os teus documentos listos para compartir, entregar ou imprimir, mantendo exactamente o aspecto que ti decidiches.

Pictograma ARASAAC onde dúas persoas cun signo de exclamación prestan atención a un mesmo punto sinalado como importante e de cor vermella

Lembra: Este será o formato que debes empregar para presentar a documentación final do teu club, pero unha vez exportado a PDF, o documento xa non se pode editar, polo que é importante revisar todo detidamente antes de proceder a exportalo neste formato.

Lectura facilitada

A partir agora comezas a crear diferentes documentos. 

Ao final, vas crear os documentos do teu club.

É importante usar o formato PDF para que non se modifique.

De cada documento debes gardar:

  • a versión editable, é dicir, o ficheiro .ODT do Writer. 
  • o ficheiro que exportes en .PDF.

Podes exportar o ficheiro a .PDF deste xeito: 

Como exportar a .PDF? 

Pictograma ARASAAC onde se mostra un rato dun ordenador e unha frecha indicando que se fai clic no botón esquerdoRuta para exportar

Abre o ficheiro que se vai exportar.

Sigue a ruta Ficheiro → Exportar como → Exportar como PDF. 

Pictograma ARASAAC onde se mostra unha persoa elixindo entre dous círculos.Axustar os parámetros de exportación

Na seguinte xanela, axusta os parámetros que precises para facer a exportación.

Na maioría dos casos vas poder deixalos como están.

Podes marcar as páxinas que vas exportar.

Tamén podes comprimir as imaxes para que o arquivo non ocupe moito.

Xanela que se abre para axustar os parámetros de exportación a PDF

Pictograma ARASAAC dunha persoa cun tick verde de aceptarAceptar e gardar

Debes elixir as opcións correctas.

Debes premer en "Exportar".

Por último, debes gardar o documento en formato .PDF no cartafol desexado.

Así, o documento está listo para: 

  • compartir
  • entregar
  • imprimir

Todo isto, mantendo o aspecto que ti decidiches.

Pictograma ARASAAC onde dúas persoas cun signo de exclamación prestan atención a un mesmo punto sinalado como importante e de cor vermella

Lembra:

Este vai ser o formato para presentar a documentación final do teu club.

Un documento en PDF non se pode editar. 

Por iso, é importante revisar todo moi ben antes de exportalo neste formato.

Queres un atallo?

Pictograma ARASAAC para representar un atallo onde se sinala en vermello o camiño máis longo e en verde o atallo

Como ves, o máis probable é que na xanela de exportación non teñas que modificar ningún parámetro. No caso de que queiras facer a exportación directamente, podes facelo rapidamente dun dos seguintes xeitos: 

  • A través da ruta: Ficheiro → Exportar como  → Exportar directamente como PDF. 
  • Premendo na barra de ferramentas na iconaIcona de exportar directamente a PDF en Writer.

Lectura facilitada

O máis probable é que na xanela de exportación non teñas que modificar nada.

Para exportar o documento directamente podes: 

  • A través da ruta:
    • Ficheiro → Exportar como  → Exportar directamente como .PDF. 
  • Premendo na barra de ferramentas na iconaIcona de exportar directamente a .PDF en Writer.

Como se nomean os arquivos?

Anteriormente aprendiches a organizar e nomear o teu traballo en diferentes cartafoles. Porén, tamén é importante manter este criterio ao gardar os ficheiros dentro deles. Nomear correctamente os arquivos permíteche localizalos e identificalos rapidamente. Para iso, sigue estas pautas:

Como nomear os arquivos?

Pictograma ARASAAC de descrición onde se mostran diferentes obxectos cunha interrogaciónNomes claros e descritivos

O nome empregado debe reflectir de xeito claro o contido do ficheiro. Non empregues nomes xenéricos e inclúe palabras chave no nome.

Aquí tes algúns exemplos de nomes correctos e incorrectos: 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

normas_do_club.odt

organigrama_do_club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

documento_1.odt

apartado_1.odt

club.odt

Pictograma ARASAAC onde aparece riscado un círculo e un cadrado vermellos se separanSen espazos

O nome do arquivo non debe conter espazos. Para separar as palabras emprega guións baixos (_) ou guións medios (-). Aquí tes algúns exemplos de nomes correctos e incorrectos: 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

normas_do_club.odt

normas-do-club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

normas do club.odt

normas do club  .odt

Pictograma ARASAAC con diferentes signos ortográficos riscadosSen caracteres especiais

Non empregues: 

  • Caracteres especiais: %, &, %, !, *, +...
  • Tiles: `, ´, ^ .

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

presentacion_club.odt

presentacion-club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

presentación_club.odt

presentacion+club!!.odt

Pictograma ARASAAC para representar o seguimento a través dun círculo que segue a outroSeguimento de versións

Debes consensuar co teu equipo un método para nomear as diferentes versións dun documento de xeito que sexa fácil seguir a súa trazabilidade. Unha boa estratexia é engadir no nome a versión co seu número ou ben a data da última modificación mantendo sempre un mesmo formato. É importante manter sempre un mesmo criterio, para que o método sexa útil.

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

Exemplo correcto A

normas_do_club_v1.odt 

normas_do_club_v2.odt

normas_do_club_v3.odt

normas_do_club_v4.odt

 

 Exemplo correcto B

normas_do_club_20260120.odt

normas_do_club_20260121.odt 

normas_do_club_20260122.odt 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

Exemplo incorrecto A

normas_do_club_1.odt 

normas_do_club_1111.odt 

normas_do_club_version_nova.odt 

normas_do_club_version_modificada.odt 

 

Exemplo incorrecto B

normas_do_club_xaneiro_2026.odt

normas_do_club_xaneiro_2026_nova.odt 

normas_do_club_xaneiro_2026_nova2.odt 

Tendo en conta todas as pautas anteriores, debes lembrar establecer un criterio para nomear os arquivos do voso club e mantelo ao longo de todo o reto.

Lectura facilitada

Antes, aprendiches a organizar o teu traballo en cartafoles.

É importante facer o mesmo cos ficheiros que gardes nos cartafoles.

Nomear ben os arquivos permite: 

  • Atopalos máis fácil.
  • Identificalos rápido.

Debes seguir estas pautas para nomear os arquivos: 

Como nomear os arquivos?

Pictograma ARASAAC de descrición onde se mostran diferentes obxectos cunha interrogaciónNomes claros e descritivos

O nome empregado debe mostrar de xeito claro o contido do ficheiro.

Non empregues nomes xenéricos.

Inclúe palabras chave no nome.

Aquí tes algúns exemplos de nomes correctos e incorrectos: 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

normas_do_club.odt

organigrama_do_club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

documento_1.odt

apartado_1.odt

club.odt

Pictograma ARASAAC onde aparece riscado un círculo e un cadrado vermellos se separanSen espazos

O nome do arquivo non debe ter espazos.

Debes separar as palabras con guións baixos (_) ou guións medios (-). 

Aquí tes algúns exemplos de nomes correctos e incorrectos: 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

normas_do_club.odt

normas-do-club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

normas do club.odt

normas do club  .odt

Pictograma ARASAAC con diferentes signos ortográficos riscadosSen caracteres especiais

Non debes empregar: 

  • Caracteres especiais: %, &, %, !, *, +...
  • Tiles: `, ´, ^ .

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

presentacion_club.odt

presentacion-club.odt

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

presentación_club.odt

presentacion+club!!.odt

Pictograma ARASAAC para representar o seguimento a través dun círculo que segue a outroSeguimento de versións

Debes ter co teu equipo un método para nomear as diferentes versións dun documento.

Así é máis fácil seguir o seu camiño.

Un bo xeito é engadir no nome a versión co seu número.

Tamén podes por a data da última modificación, sempre co mesmo formato.

É importante ter sempre o mesmo criterio, para que o método sexa útil.

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar levantado e un tick verde

Exemplo correcto A

normas_do_club_v1.odt 

normas_do_club_v2.odt

normas_do_club_v3.odt

normas_do_club_v4.odt

 

 Exemplo correcto B

normas_do_club_20260120.odt

normas_do_club_20260121.odt 

normas_do_club_20260122.odt 

Pictograma ARASAAC onde se amosa unha man co polgar cara abaixo e unha cruz vermella

Exemplo incorrecto A

normas_do_club_1.odt 

normas_do_club_1111.odt 

normas_do_club_version_nova.odt 

normas_do_club_version_modificada.odt 

 

Exemplo incorrecto B

normas_do_club_xaneiro_2026.odt

normas_do_club_xaneiro_2026_nova.odt 

normas_do_club_xaneiro_2026_nova2.odt 

Debes lembrar fixar un criterio para nomear os arquivos do voso club.

Debedes manter este criterio ao longo de todo o reto.

Como nomear os teus arquivos de prácticas?

Nesta fase traballarás con varios documentos que é importante que teñas ben arquivados pois, posteriormente, precisarás varios deles para o teu reto. En primeira instancia, sigue as instrucións da persoa docente, pero de non haber unha pauta fixada na aula, aquí tes unha estrutura que podes empregar a súa nomenclatura.

Número do apartado no que se atopa a actividade_palabra clave da tarefa_as túas iniciais_versión.odt

Por exemplo, se estás facendo o organigrama do club solicitado no apartado 3.6 e as túas iniciais son AMR, debes nomealo como: 

3_6_organigrama_AMR_v1.odt

No caso da actividade de afondamento, podes engadir as iniciais "af" no nome:

3_6_organigrama_af_AMR_v1.odt

Lectura facilitada

Nesta fase vas traballar con varios documentos.

É importante que os teñas ben gardados.

Máis adiante vas precisar varios destes arquivos para o teu reto.

En primeiro lugar, debes seguir as instrucións da persoa docente para gardalos.

Se non hai unha pauta fixada na aula, aquí tes unha estrutura que podes usar para nomealos:

Número do apartado no que se atopa a actividade_palabra clave da tarefa_as túas iniciais_verión.odt

Por exemplo, se:

  • Estás facendo o organigrama do club do apartado 3.6.
  • As túas iniciais son AMR.

Debes nomealo como: 

3_6_organigrama_AMR_v1.odt

Na actividade de afondamento, podes engadir as iniciais "af" no nome:

3_6_organigrama_af_AMR_v1.odt

Feito con eXeLearning (Nova xanela)