A cociñar imaxes
Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

Chega o momento de cociñar:
- Repartide o traballo dentro do equipo, decidide quen se encarga de cada fotograma e quen se encargará de unir finalmente.
- Seleccionade a ferramenta dixital máis axeitada en cada momento.
- Traballade con coidado, editade, recortade e unide os elementos ata conseguir un resultado final equilibrado, no que todas as partes encaixen.
- Mentres avanzades, comprobade a coherencia co traballo do voso equipo.
- Unha vez rematados os fotogramas individuais poñédevos de acordo no tempo de cada fotograma e probade a animación.
Lectura facilitada
Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo
Agora comeza o traballo práctico:
- Repartide as tarefas do equipo.
- Cada persoa fai un fotograma.
- Unha persoa encárgase de unir todo.
- Escollede a ferramenta dixital axeitada.
- Editade e recortade as imaxes con coidado.
- Unide os elementos ata equilibrar o cartel.
- Comprobade que todo encaixa co traballo do grupo.
- Decidide o tempo de cada fotograma.
- Probade a animación final.