Saltar navegación

4.2. Preparando o menú

Menú degustación

Duración: 50 minutos Agrupamento: Pequeno grupo
deseño das ideas do cartel

Neste paso, como nun restaurante cando se escolle un menú degustación, tedes que decidir como grupo o que ides ofrecer. Unha vez rematada a choiva de ideas, analizade as propostas que xurdiron e escollede unha delas

Antes de usar o ordenador, facede un bosquexo final en papel no que decidades que imaxes ides empregar, onde as ides colocar e como se van relacionar entre si. Planificade antes de actuar, igual ca un bo cociñeiro antes de entrar na cociña.

Nesta fase escollede tamén a paleta de cores. Relacionade as cores co tipo de produto que representades para axudar a recoñecelo. Asegurádevos de que as cores se distingan con claridade, tamén para persoas con problemas de visión ou con algún tipo de cegueira da cor.

A continuación, decidide a tipografía e as cores do texto. Escollede unha letra que se lea con facilidade e que encaixe coa idea do cartel. Procurade un bo contraste entre o texto e o fondo, para que a lectura sexa clara e non canse a vista.

Na fase anterior propuxéronse tres modelos de proxecto. A continuación, tedes explicado o proceso de realización de cada un deles. Fixádevos nas explicacións, xa que poden axudarvos a tomar decisións e a deseñar mellor o voso cartel.

Lectura facilitada

Duración: 50 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Agora o grupo escolle unha idea.

Debe ser unha soa idea.

Antes de usar o ordenador, facede un bosquexo en papel.

No bosquexo decidide as imaxes.

No bosquexo decidide onde van colocadas.

Despois escollede as cores do cartel.

As cores deben representar o produto.

As cores deben verse ben.

Como se fixeron estas animacións

Animación narrativa


Animación na que os peixes van abandonando o plano para acabar entrando nunha lata de conservas de Vigo

Esquema da creación dunha animación sobre conservas de Vigo, con varios fotogramas de sardiñas en movemento, explicacións dos pasos da animación con frechas e a lista de capas do programa GIMP que mostra como se constrúe a animación paso a paso.

Animación de proceso

Animación do proceso de realización do pan de cea, partindo da fariña e a auga , leveda o pan, enfórnase. Aparece unha estatua das panadeiras de Cea e a torre do reloxo da praza de Cea.Esquema do proceso de creación dunha animación sobre o pan de Cea, no que se mostran as distintas capas usadas en GIMP, con imaxes dos ingredientes, da masa en diferentes tamaños, do forno, do monumento ás panadeiras e da torre do reloxo, acompañadas de explicacións paso a paso sobre como se constrúe a animación

Animación de letras

Animación na que sobre o mapa de Galicia e a banda azul da bandeira aparecen as letras de alimentos de Galicia

Explicación de como facer un cartel animado modificando as cores das letras en distintas capas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)