Saltar navegación

3.1. Pensando na cor

 

Glosario

Buscador

Lapela aberta cun buscador

Definición:

É un servizo en Internet que permite buscar información introducindo palabras clave.

Exemplo:

Google ou DuckDuckGo son buscadores que nos axudan a atopar páxinas.

Codificación

Código QR construído por persoas

Definición:

É o proceso de representar a información mediante códigos ou símbolos para que poida ser entendida, almacenada ou transmitida polos dispositivos dixitais.

Exemplo:

Cando gardamos unha imaxe nun ficheiro dixital, a información visual queda codificada en forma de datos.

Navegador

Caixa de software cun navegador web

Definición:

É o programa que permite acceder a páxinas web, visualizar os seus contidos e navegar por Internet.

Exemplo:

Mozilla Firefox ou Google Chrome son navegadores que usamos para visitar páxinas web.

Escolle unha cor


Esquema do modelo de cor RGB, que se usa para representar as cores nas pantallas dixitais mediante a mestura de luces vermella, verde e azul.

A cor é unha das primeiras cousas que chama a atención cando se observa un cartel, unha imaxe ou un produto. Antes mesmo de ler o texto, o cerebro xa está reaccionando ás cores que percibe. Na publicidade isto é moi importante, porque as cores axudan a transmitir emocións, crear sensacións e facer que unha mensaxe ou produto se recorde mellor.

Cando se traballa con imaxes dixitais, é necesario lembrar que as cores se representan mediante unha codificación especial chamada RGB. Funciona de maneira parecida a cando se mesturan pigmentos, pero neste caso mestúranse luces de tres cores:

  • luces de cor vermella (Red)
  • luces de cor verde (Green)
  • luces de cor azul (Blue)

Ao combinar distintas intensidades de cada unha, obtéñense todas as cores posibles na pantalla.

Os navegadores e programas de edición de imaxe dispoñen de ferramentas que permiten identificar a codificación exacta de calquera cor dunha imaxe. Así, para escoller unha cor concreta, só é preciso empregar esa ferramenta e anotar o seu código RGB, garantindo que a cor escollida sexa sempre a mesma no deseño.

Lectura facilitada

Esquema do modelo de cor RGB usado nas pantallas dixitais

A cor chama a atención nun cartel.

A cor provoca emocións.

A cor axuda a lembrar unha mensaxe.

Nas imaxes dixitais úsase o modelo RGB.

RGB mestura luces de tres cores.

  • Vermello (R)
  • Verde (G)
  • Azul (B)

Ao mesturar estas luces créanse todas as cores.

Os programas permiten identificar o código dunha cor.

Ese código axuda a usar sempre a mesma cor.

Escoller cor co navegador

Mozilla Firefox

O navegador Mozilla Firefox ten a ferramenta para escoller cor inserida en "Máis ferramentas". Chámase "Contagotas".

Captura de pantalla de ruta para chegar ao Contagotas (menú principal, Máis ferramentas)

Google Chrome e Chromium

Para escoller cor no navegador Chrome e Chromium  debes instalar unha extensión. Para iso, vai ao menú principal e selecciona "Extensiones" e dentro "Visitar Chrome Web Store" e busca algunha das ferramentas escribindo: "Color Picker".

Escoller no menú de Cromium a opción

Lectura facilitada

Mozilla Firefox

Firefox ten unha ferramenta para escoller cor.

A ferramenta chámase Contagotas.

Atópase en Máis ferramentas.

Ruta para acceder á ferramenta contagotas en Firefox

Google Chrome e Chromium

En Chrome e Chromium debes instalar unha extensión.

Busca a extensión chamada Color Picker.

Instalación dunha extensión Color Picker en Chromium

Código RGB

Cunca cunha ensalada con tomate, leituga e champiñónsEmprega a ferramenta recollecor do teu navegador e indica a codificación das seguintes cores: 

A pel do tomate é de cor 

As follas da leituga son de cor 

O interior dos champiñóns é de cor 

Activar JavaScript

A nosa paleta de cor

Duración: 30 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Na fase 2, cada persoa do teu grupo seleccionou catro ou cinco imaxes que servirán de base para o voso cartel. Agora que xa sabedes identificar e analizar cores, debedes deseñar unha paleta (conxunto de cores) coherente coas imaxes escollidas.

Pasos para deseñar unha paleta de cores:

1. Selecciona as cores principais das imaxes


Observa atentamente as imaxes do teu grupo e identifica as cores que máis se repiten. Esas serán o punto de partida da paleta.Amósase unha froitaría con caixas de froita. Cada cor da froitaría está representado polo seu código hexadecimal correspondente

2. Xera a paleta unindo esas cores


Podes simplemente unir esas cores ou podes usar unha ferramenta para xerar novas cores semellantes, por exemplo MyColorSpace. Preme na seguinte ligazón para acceder a esta ferramenta: https://mycolor.space/. O funcionamento é sinxelo: introduce un código de cor inicial e explora as combinacións xeradas.

Garda, no cartafol do grupo, un documento ao que lle chames "paleta_de_cores" con todos os códigos hexadecimais das cores que formen parte da paleta final.Amósanse os códigos hexadecimais das cores escollidas: #b4300d #d3a418 #605d1d #8a534c #c1520a

3. Asegura a accesibilidade e a claridade visual


As cores deben distinguirse con claridade, tamén para persoas con problemas de visión ou cegueiras de cor. É dicir teñen que ser accesibles.

Para comprobar algúns dos problemas de visión podes empregar estas páxinas web, nas que solo tes que subir a túa imaxe e comprobar como a verán as persoas con cegueiras de cor: 

4. Relaciona as cores co tipo de produto

Elixe unha paleta que transmita correctamente o tipo de comida:

Aparece unha cenoria con tons verdes nas pónlas, un pastel con tons vivos azuis e unha bola de pan con tons cálidos marróns.

  • Verdes representan características naturais e ecolóxicas.
  • Cores vivas son boas para sobremesas, produtos doces e divertidos.
  • Tons cálidos poden representar ben os produtos elaborados, rústicos.

5. Define as cores para texto e fondo

Decide que cores funcionarán mellor como cor de fondo e cales como cor de texto. O contraste entre ambas debe ser alto para garantir boa lectura.Amósase un fondo liso de cor #605d1d e as letras de cor #d3a418

Lectura facilitada

Duración: 30 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Agora imos crear unha paleta de cores.

A paleta debe encaixar coas imaxes do grupo.

Pasos para deseñar unha paleta de cores

1. Selecciona cores das imaxes

Busca as cores que máis se repiten nas imaxes.

Exemplo de paleta de cores sacada dunha imaxe con códigos hexadecimais

2. Xera a paleta final

Une esas cores nunha paleta.

Podes usar unha web para axudar: MyColorSpace.

Garda un ficheiro chamado paleta_de_cores.

No ficheiro escribe os códigos hexadecimais das cores.

Exemplo de códigos hexadecimais dunha paleta

3. Comproba que se vexa ben

As cores deben distinguirse con claridade.

As cores deben ser accesibles.

Usa estas webs para comprobar:

4. Relaciona as cores co produto

Elixe cores que encaixen coa comida.

Exemplos de cores segundo o produto: verduras, doces e pan

  • Verdes: sensación natural.
  • Cores vivas: doces e diversión.
  • Tons cálidos: produtos rústicos.

5. Define cores para fondo e texto

Escolle unha cor para o fondo.

Escolle unha cor para o texto.

O contraste debe ser alto.

Exemplo de combinación de cor de fondo e cor de texto

Feito con eXeLearning (Nova xanela)