É unha percepción distorsionada do propio corpo ou da propia imaxe, na que a persoa ve defectos que non existen ou os percibe de forma esaxerada.
Exemplo:
O seu amigo evita subir fotos ás redes derivado da dismorfia e a percepción negativa que ten do seu corpo.
Vulnerabilidade
Definición:
Debilidade nun sistema, dispositivo ou persoa que pode ser aproveitada para causar dano ou acceder a información sen permiso.
Exemplo:
Non actualizar o sistema operativo pode crear unha vulnerabilidade que permita a entrada de malware no equipo.
Que é o ciberacoso?
O ciberacoso é unha forma de acoso ou intimidación que se realiza empregando tecnoloxías dixitais, tales coma redes sociais, aplicacións de mensaxería, plataformas de xogo, entre outras. Caracterízase por ser un comportamento repetitivo no tempo e ter como finalidade atemorizar, molestar ou humillar a outra persoa. A continuación contas con diferentes tipos de ciberacoso e as diferentes pistas que che axudarán a identificar cando te atopes fronte a algún destes casos na investigación.
Desliza o rato por enriba das imaxes para descubrir os tipos de ciberacoso agachados en cada categoría.
```
```
Lectura facilitada
O ciberacoso é unha forma de acoso na que se usan tecnoloxías dixitais.
Algunhas destas tecnoloxías son:
Redes sociais.
Aplicacións de mensaxería.
Plataformas de xogo.
Outras.
O ciberacoso repítese no tempo.
Busca facer dano a outra persoa.
O ciberacoso busca:
Atemorizar.
Molestar.
Humillar.
A continuación hai diferentes tipos de ciberacoso.
Tamén atoparás pistas para identificalos.
Estas pistas axudarante na investigación.
Desliza o rato por enriba das imaxes.
Así descubrirás os tipos de ciberacoso de cada categoría.
```
```
Audio
Acoso ou intimidación directa
Este tipo de acoso prodúcese en diferentes canles dixitais como redes sociais, servizos de mensaxería instantánea ou, mesmo, videoxogos en liña. As persoas que acosan buscan prexudicar, ameazar ou exercer un control sobre a vítima. Existen diferentes xeitos de acoso e intimidación directa na rede:
Ciberbullying no grupo de clase
O ciberbullyingé o acoso entre iguais a través de medios dixitais de xeito continuo no tempo. Pode incluír insultos, burlas, ameazas ou publicación de material ofensivo sobre a vítima co fin de humillar. Xeralmente, este termo resérvase para o ciberacoso que ten lugar entre menores.
Analiza as seguintes mensaxes do grupo de mensaxería instantánea de clase e busca indicios de ciberbullying deslizando o rato por enriba:
O ciberstalkingé unha forma de acoso baseada no seguimento e persecución continuada dunha persoa empregando medios telemáticos. A persoa acosadora monitoriza a actividade da vítima en diferentes plataformas e redes sociais; incluso pode chegar a contactar de maneira insistente ou invadir os seus espazos dixitais co fin de vixiar, controlar ou xerar medo na vítima. Este comportamento caracterízase pola súa continuidade no tempo e a sensación de ameaza que provoca. Nalgúns casos, pode ir acompañado doutros delitos ou riscos, como o envío de mensaxes ameazantes, o acceso non autorizado ás contas da vítima para a obtención de información persoal ou situacións que deriven en casos de sextorsión, grooming ou doxing.
Hate ou discurso de odio na rede
O hateou discurso de odio refírese á difusión de contido a través de medios dixitais que promove o odio, a violencia ou a discriminación contra unha persoa ou grupo baseándose en certas características como a relixión, sexo, orientación sexual, nacionalidade, etnia, diversidade funcional ou determinadas condicións persoais. O hate pode producirse a través de comentarios, publicacións, mensaxes, imaxes ou vídeos que atacan a dignidade da vítima e fomentan a súa exclusión social.
Difúndese entre un grupo de persoas contido sobre a vítima co fin de humillala.
Insúltase á vítima, aumentando a humillación.
Burla e humillación da vítima.
As persoas acosadoras culpan á vítima do seu propio problema. Esta é unha estratexia frecuente mediante a que tratan de xustificar o seu acoso.
Insulto directo cara á vítima co fin de menosprezar e humillar.
Trata de apartar a vítima do grupo da clase, causando un illamento dixital.
Trata de illar e apartar do grupo a vítima, facéndolle sentir que a súa presencia molesta e contribuíndo así ao illamento social desta persoa.
Lectura facilitada
Este tipo de acoso pode aparecer en diferentes espazos dixitais como:
Redes sociais.
Aplicacións de mensaxería.
Videoxogos en liña.
As persoas que acosan buscan facer dano á vítima.
Poden querer:
Prexudicar.
Ameazar.
Controlar.
Existen diferentes formas de acoso directo na rede.
Ciberbullying no grupo de clase
O ciberbullyingé o acoso entre persoas da mesma idade.
No seguinte vídeo contas con algunhas medidas que podes tomar no caso de seres vítima de ciberbullying.
Audio
Este tipo de situacións poden ter un forte impacto emocional na vítima, afectando a súa autoestima e a percepción da súa propia imaxe, podendo derivar en problemas como a dismorfia. Alén diso, tamén poden xerar ansiedade, illamento social e dificultade nas relacións co seu contorno.
Lectura facilitada
Este tipo de situacións poden afectar moito a persoa.
Teñen un forte impacto emocional.
Poden afectar a:
Autoestima.
Forma de verse a si mesma.
Isto pode provocar problemas como:
A dismorfia.
Ansiedade.
Illamento social.
Dificultades nas relacións con outras persoas.
Audio
Chantaxe sexual
Na contorna dixital existen prácticas a través das que as persoas ciberacosadoras buscan manipular a vítima para obter contidos de carácter sexual, diñeiro ou beneficios persoais, aproveitándose da súa vulnerabilidade. Nestas chantaxes emprégase material de carácter sexual para exercer presión e control sobre a vítima.
Este tipo de situacións adoita producirse a través de redes sociais, aplicacións de mensaxería instantánea ou videoxogos en liña, mediante as que a persoa acosadora contacta coa vítima e gaña a súa confianza.
Lectura facilitada
No mundo dixital existen prácticas perigosas.
Nalgunhas delas, as persoas buscan manipular a vítima.
O seu obxectivo pode ser:
Conseguir contidos de carácter sexual.
Conseguir diñeiro.
Obter beneficios persoais.
Para conseguilo, aproveitan a vulnerabilidade da vítima.
Usan chantaxes para exercer presión.
Moitas veces empregan contidos de carácter sexual.
Con iso intentan controlar á vítima.
Estas situacións adoitan ocorrer en:
Redes sociais.
Aplicacións de mensaxería.
Videoxogos en liña.
A persoa acosadora contacta coa vítima.
Pouco a pouco gaña a súa confianza.
Audio
Na rede, existen diferentes tipos de chantaxe sexual, entre os que se distinguen:
Sextorsión
A sextorsióné unha forma de violencia sexual e extorsión na que a persoa acosadora ameaza a vítima con difundir contidos íntimos se non cumpre coas súas esixencias, que adoitan ser o envío de máis material íntimo ou a realización de pagos.
En moitas ocasións, o material íntimo obtívose inicialmente a través do sexting, é dicir, unha práctica que consiste no envío voluntario de contidos íntimos. Porén, este material pode ser empregado posteriormente sen consentimento e derivar nun caso de sextorsión.
A continuación, tes un exemplo. Desliza o rato por enriba e atopa os indicios de que estás ante un caso de ciberacoso.
Indica que a persoa agresora conserva contido íntimo e comprometido da vítima.
Recoñece que non eliminou ese contido e agora utilízao para manter control sobre a vítima.
Ameaza con difundir o contido íntimo nun espazo próximo á vítima para intimidala.
Ameaza con difundir o contido a amizades ou persoas coñecidas, o que aumenta a presión emocional e o dano potencial sobre a vítima.
Exixe máis contido íntimo, algo característico da sextorsión.
Impón urxencia para impedir que a vítima pense, pida axuda ou corte o contacto.
Promete non difundir o contido se a vítima obedece, reforzando a extorsión e o control sobre ela.
Grooming
O groomingé un proceso no que unha persoa adulta contacta cun menor a través de medios telemáticos co obxectivo de gañar a súa confianza, manipulalo e establecer unha relación de proximidade. Ao longo deste proceso busca obter información persoal ou contidos íntimos que son utilizados para exercer chantaxe sexual ou incluso tentar acordar encontros presenciais.
Durante a túa investigación forense, poden aparecer casos nos que se produza un uso indebido da información persoal extraída dos equipos informáticos. Na contorna dixital existen prácticas nas que se difunden datos, imaxes ou conversas privadas sen o consentimento da vítima, o que supón unha violación da súa privacidade. Estas situacións poden ter lugar en redes sociais, aplicacións de mensaxería ou outras plataformas, onde a información pode compartirse rapidamente e chegar a un gran número de persoas, aumentando o impacto do dano.
Entre este tipo de ameazas, é importante mencionar as seguintes, das que podes ver os indicios deslizando o rato por enriba dos exemplos:
Doxing
O doxing consiste en revelar información persoal dunha persoa na rede sen o seu consentimento, incluíndo datos identificativos ou sensibles (dirección, teléfono...). A persoa acosadora busca expoñer a vítima, intimidala ou exercer presión sobre ela.
Intimidación da vítima a través dunha ameaza coa que trata de evitar que interveña no foro.
Revela un dato persoal sensible, como é o enderezo, sen consentimento da persoa afectada.
Expón publicamente información sobre o lugar de traballo da vítima, facilitando a súa identificación.
Ameaza con difundir información persoal para intimidar á vítima.
Ameaza coa publicación de máis datos persoais sensibles como é o número de teléfono.
Mostra intencións de continuar facilitando datos que permitan a identificación pública da vítima.
Outing
O outing, definido dun xeito estrito, é a revelación pública da orientación sexual dunha persoa sen o seu consentimento coa finalidade de humillala. Porén, dun xeito máis amplo, este termo tamén se emprega para a revelación de segredos ou conversacións privadas. Constitúe unha violación da intimidade.
Desde o punto de vista da ciberseguridade forense, o ciberacoso non só afectan ás vítimas, senón que tamén ten consecuencias sobre os equipos informáticos que utilizan, tanto a nivel de software como de hardware.
Lectura facilitada
O ciberacoso non só afectan ás vítimas.
O ciberacoso tamén ten consecuencias sobre os equipos informáticos.
Ten consecuencias tanto a nivel do software como do hardware.
Audio
No caso do software, o impacto céntrase nas contas de usuario, nas aplicacións e nos servizos dixitais que emprega a vítima. Moitas destas ameazas implican o acceso a perfís en redes sociais, aplicacións de mensaxería ou outros servizos en liña, o que pode provocar un uso indebido das contas, a suplantación de identidade ou a difusión de contidos sen consentimento. Ademais, en casos como o ciberstalking ou o grooming, existe unha recollida continua de información persoal, que pode chegar ao acceso non autorizado a conversas, arquivos ou contidos privados.
Lectura facilitada
No software, o impacto afecta a diferentes partes.
Afecta ás contas de usuario.
Tamén ás aplicacións e aos servizos dixitais.
Moitas destas ameazas permiten acceder a contas de:
Redes sociais.
Aplicacións de mensaxería.
Outros servizos en liña.
Isto pode provocar problemas como:
Uso indebido das contas.
Suplantación de identidade.
Difusión de contidos sen permiso.
Nalgúns casos, como o ciberstalking ou o grooming, o problema é maior.
Pode haber unha recollida continua de información persoal.
Isto pode permitir acceder sen permiso a:
Conversas.
Arquivos.
Contidos privados.
Audio
En canto ao hardware, o impacto adoita ser indirecto, pero igualmente importante desde o punto de vista forense. Dispositivos como a cámara, o micrófono ou os sistemas de localización poden ser utilizados para obter información da vítima sen o seu coñecemento.
Lectura facilitada
O impacto no hardware adoita ser indirecto.
Pero tamén é importante.
Poden utilizarse diferentes dispositivos para obter información da vítima.
Algúns exemplos de dispositivos son:
A cámara.
O micrófono.
Os sistemas de localización.
Audio
Como podes protexerte?
Acoso ou intimidación directa
Liña de axuda 017
Ola, estás a contactar coa liña de axuda en ciberseguridade. Cóntame que está a pasar.
Levo varios días recibindo insultos e ameazas nun grupo. Tamén se burlan de min nas redes.
Entendo. O primeiro paso é non responder as mensaxes nin entres na provocación.
Teño que borrar o grupo ou as mensaxes?
Primeiro, garda probas: capturas de pantalla, nomes, datas e ligazóns.
Despois, bloquea as contas e utiliza as opcións de denuncia da propia plataforma.
Revisa tamén a privacidade das túas contas e limita quen pode escribirche, ver o teu perfil e as túas publicacións.
E se segue pasando?
Non o ocultes nin esteas ti só. Fala cunha persoa adulta de confianza ou, se é preciso, solicita axuda das autoridades.
Chantaxe sexual
Liña de axuda 017
Ola, grazas por contactar. Explícame brevemente a situación para poder orientarte.
Un perfil dime que, se non lle envío fotos íntimas, vai compartir unha conversa privada.
Non envíes ningún contido. É importante non ceder á presión nin ás ameazas.
E se xa ten información miña? Xa lle dixen quen era.
Garda as probas que teñas: mensaxes, perfil, nome de usuario e calquera ameaza ou petición que che fixese.
Despois, corta o contacto, bloquea a conta e denúnciaa na aplicación ou na rede social onde se produciu.
Tamén debes revisar que información persoal tes visible nas túas contas e reducir a exposición.
Teño que denunciar eu directamente?
Nós podemos orientarte, pero a denuncia formal debe facerse polos canais correspondentes. Pide axuda de inmediato a unha persoa adulta de confianza ou ás autoridades competentes, segundo o caso.
Difusión de información privada
Liña de axuda 017
Ola, comentabas que estaban compartindo información privada na rede. Dime que tipo de información.
Nun grupo están reenviando o teléfono, fotos e outros datos persoais dunha persoa sen permiso.
É importante que non participes na difusión nin reenvíes ese contido, aínda que outras persoas o estean facendo.
Que debería facer entón?
Garda probas, por exemplo capturas de pantalla, nomes de usuario e ligazóns.
Despois, denuncia a publicación ou o perfil na plataforma para solicitar a retirada do contido.
Se a información difundida é túa, tamén debes revisar a configuración de privacidade e limitar quen pode ver ou descargar contidos persoais nas túas redes.
E se o contido xa o viu moita xente?
É importante actuar canto antes e frear a difusión. Debes denuncialo na plataforma. Busca apoio en persoas adultas de confianza e valora solicitar axuda especializada se es a persoa afectada.
Audio
Recordas a liña de axuda 017?
O 017 é a liña de axuda en ciberseguridade de INCIBE, un servizo gratuíto e confidencial que ofrece asesoramento especializado ante problemas relacionados coa seguridade dixital.
Está dirixido á cidadanía en xeral, menores, familias, profesorado e empresas, e permite resolver dúbidas ou recibir orientación ante situacións como o ciberacoso, a suplantación de identidade, a difusión de contidos privados, o malware ou as ciberestafas.
Podes poñerte en contacto coa liña de axuda do INCIBE a través dos seguintes medios:
No segundo capítulo do voso manual forense debedes recoller os tipos de ciberacoso que coñecedes cunha lista de indicios identificativos, así como o hardware e software que pode estar afectado. Debedes incluír:
Capítulo 2 do manual forense: ciberacoso
Nome do tipo de ciberacoso
Debedes incluír todos os tipos de ciberacoso analizados ata o momento, clasificados segundo os tres grupos vistos anteriormente.
Lista de indicios
Fixádevos en cada un dos exemplos anteriores e nas pistas que aparecen en cada caso ao deslizar o rato por enriba das diferentes mensaxes. Creade unha lista de comprobación para cada tipo de ciberacoso, a cal vos servirá como guía na investigación da seguinte fase.
Hardware e software comprometido
Facede unha listaxe do hardware e software que pode estar comprometido no caso do ciberacoso. Dado que é similar en todos os tipos, podedes facer unha listaxe común a todos eles, sen repetila en cada tipo.
Lectura facilitada
Duración: 15 minutos Agrupamento: parellas
No segundo capítulo do voso manual forense debedes:
Escribir os tipos de ciberacoso que coñecedes.
Os sinais que axuden a identificar cada tipo.
Indicar que hardware e software pode estar afectado.
Debedes incluír o seguinte:
Capítulo 2 do manual forense: ciberacoso
Nome do tipo de ciberacoso
Incluíde todos os tipos de ciberacoso vistos ata agora.
Organizádeos nos tres grupos que xa coñecedes.
Lista de indicios
Observade os exemplos anteriores.
Fixádevos nas pistas que aparecen nas mensaxes.
Creade unha lista de comprobación para cada tipo de ciberacoso.
Esta lista axudaravos na seguinte fase.
Hardware e software comprometido
Facede unha lista do:
Hardware afectado.
Software afectado.
Como é similar en todos os casos, podedes facer unha lista común.