Saltar navegación

4.1. Situación crítica

Probas, non suposicións!

Portada do REA 01 na que se amosa un detective descifrando enigmas cunha lupa chea de ceros e uns

Chegou o momento de demostrar todo o que aprendiches. A partir de agora, uniredes forzas para ser o mellor grupo de especialistas en ciberseguridade e dar solución aos problemas xurdidos nos equipos informáticos das diferentes dependencias do voso centro educativo. Recordade que contades con dous recursos clave durante a resolución: os vosos cadernos forenses e os comodíns.

A continuación, tendes tres casos diferentes, nos que a información non sempre aparecerá do mesmo xeito: 

  • Caso A: análise de mensaxes e comunicacións dixitais con probas directas dos incidentes.
  • Caso B: reconstrución do ataque a partir dos datos e do comportamento dos sistemas afectados.
  • Caso C: presentación dos feitos de forma clara e estruturada, a partir das incidencias detectadas.

O voso obxectivo é escoller e resolver un dos casos, identificando as ameazas presentes e reconstruíndo como se produciu o ataque. Só así poderedes chegar ao congreso coa preparación suficiente!

Lectura facilitada

É o momento de demostrar o que aprendiches.

Agora, uniredes forzas.

Seredes o mellor grupo de especialistas en ciberseguridade.

Debedes solucionar aos problemas dos dispositivos do voso centro educativo. 

Recordade que contades con dous recursos clave durante a resolución:

  • Os vosos cadernos forenses.
  • Os comodíns.

A continuación, tendes tres casos diferentes.

Nestes casos, a información non sempre aparece de xeitos diferentes:

  • Caso 1: 
    • Análise de mensaxes e comunicacións dixitais 
    • Probas directas dos incidentes.
  • Caso 2:
    • Reconstrución do ataque a partir dos datos.
    • Comportamento dos sistemas afectados.
  • Caso 3: 
    • Presentación dos feitos de forma clara e estruturada.

Debedes resolver un dos casos.

Na resolución debedes: 

  •  Identificar as ameazas presentes.
  • Reconstruír como se produciu o ataque.

Só así poderedes chegar ao congreso coa preparación suficiente!

Caso A: ataque á dirección

Durante estas últimas semanas, o equipo directivo do centro educativo detectou diferentes problemas e comportamentos estraños nos ordenadores dos seus postos de traballo, así como nas contas e servizos corporativos. A situación complicouse na última semana.

A continuación contas co resumo da situación actual, xunto coa explicación detallada e copia da información recibida por cada un dos membros do equipo directivo.

Lectura facilitada

Nas últimas semanas houbo problemas nos ordenadores e nas contas do centro.

A situación empeorou na última semana.

A continuación, podes ver un resumo do que pasou.

Tamén tes e a información de cada persoa.

Caso B: ataque na sala de profesorado

Nos últimos días, varias persoas docentes do centro educativo teñen detectado diversas incidencias tanto nos seus dispositivos, coma nos da sala de profesorado. 

A continuación, contas co resumo da situación detectada na sala de profesorado, xunto coa descrición detallada dos distintos incidentes rexistrados.

Lectura facilitada

Nos últimos días houbo varios problemas no centro educativo.

Algúns problemas afectaron aos dispositivos do profesorado.

Outros problemas afectaron á sala de profesorado.

A continuación, podes ver un resumo da situación.

Tamén se explican os distintos incidentes.

Caso C: ataque na aula de informática

Desde a volta de vacacións, detectáronse diversas incidencias na aula de informática que emprega o alumnado da ESO. A continuación, preséntase o resumo da situación e a descrición detallada dos feitos rexistrados.

Lectura facilitada

Desde a volta das vacacións apareceron varios problemas na aula de informática da ESO.

A continuación, hai un resumo da situación e a explicación do que pasou.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)