O reto

Como vistes, a infraestrutura do sistema de Educación Dixital está en risco. En particular, no voso centro producíronse unha serie de ciberataques:
Casos a analizar
Caso A: ataque á dirección
O equipo directivo detectou problemas crecentes nos seus ordenadores e contas corporativas, que se agravaron recentemente e afectan ao funcionamento e á seguridade.
Caso B: ataque na sala de profesorado
O profesorado observa incidencias nos seus dispositivos e na sala de profesorado que dificultan o traballo diario e indican posibles problemas nos sistemas.
Caso C: ataque na aula de informática
Na aula de informática da ESO aparecen fallos nos equipos desde a volta das vacacións, o que afecta ao seu uso normal e require unha análise.
O voso reto consistirá en facer unha diagnose de cada ataque, especificando:
- A orixe e o tipo de ciberataque.
- Os compoñentes físicos e non físicos afectados (a memoria, o sistema operativo, etc.)
- As medidas preventivas para que ese problema non volva a suceder.
A vosa ferramenta de diagnóstico serán un informe que plasmaredes nun elemento visual para presentar no primeiro Congreso de Ciberseguridade do voso centro.
Lectura facilitada
Como vistes, o sistema de Educación Dixital está en perigo. No voso centro houbo varios ciberataques.
Casos a analizar
Caso A: ataque á dirección
O equipo directivo ten problemas nos seus ordenadores e contas.
Os problemas foron a máis.
Agora afectan ao funcionamento e á seguridade.
Caso B: ataque na sala de profesorado
O profesorado ten incidencias nos seus dispositivos.
Tamén hai problemas na sala de profesorado.
Isto dificulta o traballo diario.
Caso C: ataque na aula de informática
Os ordenadores da aula da ESO teñen fallos.
Isto pasa desde a volta das vacacións.
Os equipos non funcionan con normalidade.
Tedes que analizar cada caso. Debedes explicar:
- A orixe do ataque.
- O tipo de ciberataque.
- Que partes están afectadas (memoria, sistema operativo, etc.).
- Como evitar que volva pasar.
O voso traballo final será un informe.
Este informe terá tamén unha parte visual.
Presentarédelo no Congreso de Ciberseguridade do centro.
1. Organizar o equipo e escoller o caso
2. Investigar e identificar as ameazas e o seu impacto
3. Reconstruír o incidente, propoñer solucións e elaborar o informe para preparar a defensa