Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Este é un traballo en equipo do grupo-clase.

O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Unihóckey-Floorball.

Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:

  • Facer equipos mixtos de 6 xogadoras e xogadores.
  • Cada equipo ten que escoller unha capitana ou un capitán.
  • Poñer un nome ao equipo.
  • As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán árbitras/os.
  • Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
  • O partido terá dous tempos de 15 minutos.
  • A persoas que arbitren, teñen que apuntar o resultado final de cada partido.
  • O respecto ao regulamento do xogo (xogo limpo ou fair play) é obrigatorio.
  • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Modelo de Acta partido Unihóckey-Floorball

Neste arquivo adxunto atoparedes o modelo de Acta para o seguimento da cada partido.

Terá que ser cuberto polas/os árbitros e entregada ao/á profesor/a ao remate de cada partido.

Calquera incidencia ou comentario, terá que ser explicada na Acta e tamén verbalmente ao/á profesor/a.