Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Este é un traballo en equipo do grupo-clase.

O obxectivo é organizar un torneo de Ringo por parellas.

Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:

  • Facer parellas.

  • Formar grupos de 6, xuntándose 3 parellas

  • A parella que non estea xogando, serán observadores/as e cubrirán a Acta do partido.

  • Cada parella ten que xogar contra todas as parellas do seu grupo.

  • Os sets rematarán cando unha parella acade 15 puntos, cunha diferenza de 2 puntos ou se hai empate 16-16, ao chegar a 17 puntos.

  • Os partidos xóganse ao mellor de 3 sets.

  • O partido rematará cando unha parella gañe 2 sets.

  • Cada parella apuntará na Acta apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.

  • O respecto ao regulamento do xogo, é obrigatorio.

  • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada aos observadores ou ben ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Modelo de Acta partido de Ringo

Neste arquivo adxunto atoparedes o modelo de Acta para o seguimento da cada partido.

Terá que ser cuberto polas/os capitás/áns e entregada ao/á profesor/a ao remate de cada partido.

Calquera incidencia ou comentario, terá que ser explicada na Acta e tamén verbalmente ao/á profesor/a.