Saltar navegación

3. Tempo de viaxar: a Idade Media e a Idade Moderna

 

Glosario

Imprenta

Pictograma que representa unha imprenta moderna.

Definición:

É un mecanismo mediante o cal se poden facer moitas copias dun texto de maneira rápida. Ata que a inventaron, as copias facíanse a man.

Exemplo:

Grazas ao invento da imprenta puidéronse facer moitas máis copias de libros e documentos.

A misteriosa carta a través do tempo

Imprenta con  librosMaría de Souto, que traballaba nunha imprenta, atopou unha nota da súa antecesora, unha iluminadora chamada Rosa.

Para investigar de quen falan no manuscrito, vamos comezar por coñecer como era o mundo na súa época:

- Como vivían.

- Como eran os edificios e construcións.

- Que grandes sucesos aconteceron na súa época.

Unha época, unha vida, unha pista

Quizais, se coñeces como era a vida na súa época, os edificios, os costumes ou os feitos que marcaron aqueles tempo, poidas descubrir quen era realmente a muller da que fala o manuscrito!

Confía en ti, observa con atención e déixate levar polas pistas que che ofrece a Historia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)