Descomposición factorial en produto de factores primos. Cálculo do MCD e mcm

Calculadora factorial e problemas interactivos
Imaxe Portada MCD e mcm

Instrucións de Uso

1. Acceso á aplicación: Fai clic no botón Entrar desde a pantalla principal para acceder á calculadora e aos problemas interactivos.

2. Calculadora & Descomposición: Introduce ata tres números enteiros positivos para obter de forma automática as súas árbores de descomposición factorial, o Máximo Común Divisor (MCD) e o Mínimo Común Múltiplo (mcm).

3. Problemas Interactivos: Na sección de problemas, selecciona primeiro o método axeitado (MCD ou mcm) e despois introduce o resultado numérico correspondente para comprobar a túa resposta.

Novo intento: Se queres realizar de novo o problema errado pero con diferentes valores.

4. Teoría e Axuda: Podes consultar os conceptos teóricos e criterios de divisibilidade no botón de Teoría e Exemplos en calquera momento.

Teoría: MCD, mcm e Criterios de Divisibilidade

Máximo Común Divisor (MCD): É o maior número que divide de forma exacta a dous ou máis números á vez. Para calculalo, faise a descomposición factorial de cada número e elíxense os factores comúns co menor expoñente.

Mínimo Común Múltiplo (mcm): É o menor múltiplo común (diferente de cero) de dous ou máis números. Para calculalo, faise a descomposición factorial e elíxense os factores comúns e non comúns co maior expoñente.

Criterios de Divisibilidade

  • Divisibilidade por 2: Un número é divisible por 2 se remata en cifra par (0, 2, 4, 6, 8).
  • Divisibilidade por 3: Un número é divisible por 3 se a suma dos seus ciffas é múltiplo de 3.
  • Divisibilidade por 5: Un número é divisible por 5 se remata en 0 ou en 5.
  • Divisibilidade por 7: Un número é divisible por 7 se ao restar o dobre da última cifra ao número que resta sen ela, o resultado é 0 ou múltiplo de 7.
  • Divisibilidade por 11: Un número é divisible por 11 se a diferenza entre a suma das cifras que ocupan posicións impares e as que ocupan posicións pares é 0 ou un múltiplo de 11.

Criba de Eratóstenes Interactiva

A Criba de Eratóstenes é un algoritmo antigo para atopar todos os números primos ata un determinado enteiro. Consiste en listar os números do 2 en diante e ir tachando os múltiplos de cada primo que atopamos.

Fai clic no botón para iniciar a criba ata o 100:

Exemplo práctico: Imos calcular o MCD e o mcm de 36 e 24:

Exemplo práctico MCD e mcm

Licenza e Autoría

Autoría: Xosé Antón Vicente Rodríguez.

Licenza do recurso: Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC BY-SA).

Isto significa que es libre de compartir e adaptar para calquera propósito, baixo as condicións de recoñecer a autoría orixinal.

MCD e mcm

Calculadora factorial e problemas interactivos
Número 1
Número 2 (Opcional)
Número 3 (Opcional)
Acertados: 0
Fallados: 0
Total Resoltos: 0