"O cuco é o auténtico pícaro da natureza, un estratega sen escrúpulos que infiltra os niños alleos coa súa descendencia. Gaña o xogo quen sexa máis cuco e poida colocar os seus ovos noutros niños resolvendo os desafíos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para salvar o planeta."
Instrucións do Xogo
Benvido ao "O cuco - ODS Axenda 2030". O obxectivo deste xogo é quedar sen ovos no teu niño e poñelos nos niños dos demais!
Cada xogador comeza con 10 ovos no seu niño.
Na túa quenda, debes elixir a un opoñente co que queres competir.
Elixe entón un ODS do listado de opcións.
Se acertas a pregunta sostible, ¡mándaslle un dos teus ovos ao seu niño! (-1 para ti, +1 para el).
Se fallas, o teu rival mándache un dos seus ovos a ti (+1 para ti, -1 para el).
Se retas a un xogador ao que só lle queda un ovo no seu niño podes cambiar de categoría de ODS nesa xogada por unha na que te sintas máis seguro/a.
O primeiro xogador en quedar con 0 ovos gaña a partida.
Configuración da Partida
Quenda de:
Con quen queres competir?
⚠️ Alerta de Cuco!
A este xogador quédalle só 1 ovo para gañar a partida. Tes a oportunidade de cambiar de estratexia.
Selecciona a categoría coa que te sintas máis seguro para esta pregunta: