Saltar navegación

Que imos facer?

💧 Automatizamos un sistema de rego con Micro:bit

Neste proxecto imos construír un sistema de rego intelixente usando a Micro:bit. Detectará se unha planta precisa auga e regará automaticamente, aforrando auga e fomentando un uso responsable dos recursos.

🔍 Imos aprender:

  • Usar un sensor de humidade para detectar seca.
  • Activar unha bomba de auga ou servomotor.
  • Programar a Micro:bit para tomar decisións segundo os datos.
  • Conectar os compoñentes cunha placa de expansión.
  • Relacionar o proxecto co ODS 12: Producción e consumo responsables.

María Souto Lorenzo – Rego intelixente  CC BY-SA