
Visita guiada ao noso patrimonio
Queremos organizar unha exposición amosando ao resto da comunidade o noso traballo de investigación sobre un elemento patrimonial pertencente ao noso entorno. En dez sinxelos pasos podemos chegar a crear un espazo para amosar obxectos, fotografías, vídeos... para que os nosos visitantes poidan coñecer todo o que aprendemos. Hai un montón de temas que nos poden resultar interesantes, só necesitamos mirar con curiosidade o que temos ao redor. Aprender historias que nos axuden a entender porque somos así e contalo ao resto como se foramos guías dun museo. Se tedes algunha dúbida mirade este vídeo.
Paso a paso
Deseño do proxecto e reparto de responsabilidades
Catalogación
Espazos expositivos
Difusión
Guía da Expo
Audioguía
Percorrido virtual
Educación e Inclusión
Seguridade da Expo
Tenda da Expo
Material elaborado nunha licenza por formación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia no curso 2024/25. Autoría: Eva Castro Blanco e Francisco Ávila Sánchez. Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0