Levas tempo explorando librarías, técnicas e conceptos… e chegou o momento de aplicalo todo nun proxecto completo!
Este desafío será o voso primeiro contacto coa ciencia de datos real, onde combinarás programación, análise e interpretación para dar vida a un modelo que fai predicións sobre eventos históricos!
Este proxecto é máis que un simple exercicio: é a oportunidade de ver como funciona todo xunto, descubrir como os datos nos axudan a entender o mundo, e desenvolver unha ferramenta que predí resultados coma os profesionais do Machine Learning!
Preparádevos para aplicar todo o aprendido!
Agora si comeza a auténtica enxeñería dos datos!
Que e como vas a aprender?
Que vas a aprender?
A través de este recurso e as súas actividades, aprenderás ...
-
A manipular, procesar e visualizar Big Data.
- Como realizar a imprescindible limpeza e procesamento previo dos datos nos proxectos de IA.
-
Como detectar gráficamente patróns e tendencias relevantes na información.
-
A adestrar e comparar modelos de Machine e Deep Learning para facer predicións nun caso real.
-
Como ensinar á máquina para que detecte patróns e faga predicións, a través de diferentes algoritmos.
-
A visualizar e analizar comparativamente os resultados dos diferentes algoritmos de IA.
-
Como tomar decisións baseadas en datos obxectivos de resultados nos proxectos reais.
-
Como vas a aprender?
Para conseguir todo o anterior...
Traballarás cun enfoque práctico e progresivo, aplicando todo o que aprendiches ata agora:
Atoparás actividades que te guiarán paso a paso no proceso de resolver un caso real de IA, aplicando técnicas de análise de datos, e tomando decisións informadas. Por exemplo, decidirás que datos pódense eliminar e cales son máis relevantes, que modelo de IA ten mellores resultados e como optimizalos.
Traballarás en parella ou pequeno grupo. Terás momentos de traballo individual e autónomo, xa que debes probar técnicas de procesamento de datos e algoritmos para o grupo, pero discutirás e interpretarás resultados, tomarás as decisións e resolverás finalmente as actividades en pequeno grupo ou parella.
Temporalización: As actividades que deberás realizar terán unha duración de entre 50 min e 150 min dependendo da complexidade
- as actividades 1,2 e 3 100 min cada unha (6 sesións)
- a proba de modelos, actividade 4, 150 min (3 sesións)
- a actividade 5 final, 50 min (1 sesión)
Que e como se che vai avaliar?
O proceso de avaliación incluirá...
Durante as actividades, irás comprobando o teu avance con listas de cotexo de logros, ao final de cada unha.
Autoavaliación: Poderás comprobar o teu avance, coa correcta resolución das actividades e coas rúbricas que usará o profesorado, isto axudarache a comprobar se estás alcanzando os obxectivos.
Avaliación do profesorado:
- Durante o proceso: avaliará o progreso mediante as rúbricas , e realizará a retroalimentación: recibirás suxestións para mellorar o teu desempeño.
- Ó finalizar o ODE cualificará as actividades 1,2,3 60% a actividade 4 30% e actividade 5 10%.