Neste tema centrarémonos na parte das matemáticas que estuda a probabilidade e as distribucións de probabilidade, empezando cunha unidade na que se revisan as distintas técnicas de reconto. Para finalizar faremos unha breve incursión ao estudo estatísitico de variables bidimensionais.
![Técnicas de reconto Técnicas de reconto](Tecnicas_de_reconto_1.jpg)
As técnicas de reconto, tamén coñecidas como análise combinatoria, constitúen un conxunto de ferramentas matemáticas centradas en contar de forma eficiente o número de formas nas que se poden ordenar, agrupar ou seleccionar os elementos dun conxunto.
No século XVII Blaise Pascal e Pierre de Fermat sentaron as bases da combinatoria moderna ao estudar problemas de probabilidade e de apostas.
A probabilidade é unha rama das matemáticas que estuda o azar ou a aleatoriedad. A probabilidade cuantifica “que tan probable” é que suceda un evento relacionado con experimentos nos que aunque as condicións iniciais nas que se produce a experiencia sexan as mesmas, o resultado non se pode predicir.
A teoría da probabilidade tivo a súa orixe nos xogos de azar e as apostas, nos intentos de analizar os xogos de azar realizados por Gerolamo Cardano no século XVI e por Pierre de Fermat e Blaise Pascal no século XVII.
Blaise Pascal (1623-1662) foi un destacado matemático, físico e filósofo francés que realizou importantes contribucións ao desenvolvemento das técnicas de reconto e a teoría da probabilidade. Aínda que Pascal tivo una carreira científica relativamente curta, os seus traballos sobre o cálculo de probabilidades sentaron as bases deste campo matemático.
Outras contribucións de Pascal foron o desenvolvemento da pascalina, unha máquina de calcular mecánica, os estudos sobre o comportamento de fluídos e o chamado Triángulo de Pascal, que describe as propiedades combinatorias dos números binomiais. A unidade de presión «pascal» leva o seu nome en honra ás súas contribucións en hidrodinámica, hidrostática e os seus experimentos da presión e o baleiro cun barómetro
Pierre de Fermat (1601-1665) foi un destacado matemático e xurista francés que realizou importantes contribucións ao álxebra, análise, teoría de números, cálculo de probabilidades e outras áreas das matemáticas. A pesar de que non publicou case ningún dos seus descubrimentos, as súas investigacións sobre números figuran entre os desenvolvementos máis importantes da matemática moderna.
Gerolamo Cardano (1501-1576) foi un importante matemático, médico e filósofo italiano, considerado un dos precursores do cálculo de probabilidades grazas ao seu libro Liber de Ludo Aleae ("Libro sobre os Xogos de Azar").
Outras contribucións destacadas de Cardano foron o desenvolvemento de técnicas para resolver ecuacións de terceiro e cuarto grao e estudos nos campos da mecánica e a hidrodinámica.
![Técnicas de reconto Técnicas de reconto](estadistica_bidimensional.jpg)
En estatística, os datos bivariantes son datos referidos a un par de variables, nos que cada valor dunha das variables emparéllase cun valor da outra variable, (X, Y).
A estatística bidimensional busca determinar se existe unha dependencia ou unha correlación entre as dúas variables; é dicir, se os cambios nunha delas inflúen nos cambios da outra.
A estatística bidimensional ten moitas aplicacións en diversos campos, como a bioloxía, a economía, a socioloxía, a psicoloxía, etc.