Saltar navegación

A modalidade

Argen benvidaXa temos claras as tonalidades, así que é o momento de poñernos coas escalas. Lembrades o que é unha escala? Ademais dos tipos de escala que coñecemos no curso anterior, este ano descubriremos outras novas. 

 

Seguiremos a traballar o ritmo, con compases de amalgama, 5/4 e 7/4. Farémolo cantando pero tamén cun pouco de percusión corporal, que vos parece?

 

E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todas/os xuntas/os. Algunha seguro que a recoñecemos!

Comezamos entón?

Feito con eXeLearning (Nova ventá)