Saltar navegación

Xa estamos de volta!

Unha negra animada cun sorrisoOla a todas e todos!

Benvidas e benvidos de novo; imos continuar a viaxe polo mundo da Linguaxe Musical!

Por se alguén non se lembra, eu son Argen, unha negra moi animada que vai acompañarvos durante este novo curso,  no que cantaremos, escoitaremos novas melodías, viaxaremos a lugares remotos como, África? Xapón?, mentres seguimos descubrindo novos elementos da Linguaxe musical.

 

Despois de facer a Proba de Acceso, estamos moi preparados para comezar o novo curso, pero, despois do verán, sempre é bo repasar un pouco; así que imos lembrar todas as cousiñas traballadas para comezar con enerxía.

Estades listos?

 

Alá imos!

 

 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)