DEPORTES NA ESCOLA: VOLEIBOL
DEPORTES NA ESCOLA: VOLEIBOL
OBXECTIVOS
a. Obxectivos lingüísticos
- Ensinar ao alumnado vocabulario específico do Voleibol.
- Permitir ao alumnado empregar expresións relacionadas co Voleibol.
- Animar ao alumnado a empregar unha linguaxe formal e apropiada na clase de Educación Física.
- Desenvolver habilidades de escoitar, falar e escribir correctamente na Lingua Galega.
- Empregar o galego como lingua vehicular nas clases de Educación Física.
b. Obxectivos específicos de Educación Física
- Explicar ao alumnado as normas da clase de Educación Física relativas ao Voleibol.
- Axudar ao alumnado no cumprimento das normas das sesións do Voleibol.
- Explicar ao alumnado os procesos de aprendizaxe específicos do Voleibol.
- Comprobar a comprensión por parte do alumnado dos procesos de aprendizaxe específicos do Voleibol.
- Crear un clima positivo de aula de cara ao Voleibol.
- Integrar ao alumnado con distintas capacidades, facendo grupos flexibles na clase para xogar ao Voleibol.
- Fomentar a autonomía do alumnado organizando torneos de Voleibol.
- Valorar a participación e motivación positiva nas sesións e partidos de Voleibol máis que o resultado final.
c. Outros obxectivos
- Ensinar ao alumnado o uso de Audacity.
- Ensinar ao alumnado a gravar e editar vídeos e fotografías.
- Empregar Canva para a realización de pósters e presentacións.
- Usar o Dicionario da RAG para comprobar o galego escrito.
- Buscar imaxes con licenza CC BY-NC-SA en internet.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0