A casa. Definicións.

Repasa os teus coñecementos. Enche os ocos co termo axeitado.
: (Empeza por A). Caixa rectangular grande provista de tapa e que serve para gardar normalmente o grao dos cereais ou diversas cousas.
: (Empeza por A). Caixa grande na que se amasa o pan.
: (Empeza por P).Terraza pequena na que rematan as escaleiras exteriores que permiten o acceso ao sobrado dalgunhas casas; patín.
: (Empeza por S). Balcón ou corredor exterior dalgunhas casa, orientado cara á parte onde dá máis o sol.
: (Empeza por L). Parte superior horizontal dunha porta ou dunha ventá; lintel.
: (Empeza por B). Ventá que sobresae no tellado dunha casa e serve para dar luz ao faiado ou para saír por ela ao tellado.
: (Empeza por T). Asento de madeira sen respaldo nin patas.