1
Día mundial do medio ambiente
Os días D e as semanas S

Cada 5 de xuño conmemoramos nos centros educativos o Día Mundial do Medio Ambiente:

Nesta unidade aprenderemos:

  • O signficado da conmemoración e por que eliximos esta semana.
  • Identificar os problemas e ameazas ambientais e amosar sensibilidade ante eles.
  • Debater sobre problemas medioambientais.
  • Ampliar os coñecementos da contorna próxima.
  • Poñer en valor o medio no que vivimos e a necesidade de coidar a biodiversidade.
  • Tomar conciencia do cambio climático e dos seus efectos.
  • A biodiversidade é a diversidade de especies vexetais e animais nun ecosistema.

    Polo tanto, a biodiversidade é o resultado da evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven.

    En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.

    En Galicia existen unhas 20.000 especies animais e vexetais que aproveitan os recursos desta diversidade de hábitats. Entre estas especies destacan as máis ameazadas, debido á construción do seu territorio ou a sobreexplotación, e os endemismos, especies propias da nosa área xeográfica e que non se atopan noutro lugar do mundo.

    A implantación de figuras de protección sobre os nosos espazos naturais máis representativos e ricos en especies, permite garantir a conservación desta biodiversidade.

    A biodiversidade é importante e faise necesario loitar contra os factores que a ameazan.

    O ser humano necesita a riqueza biolóxica dos ecosistemas porque vivimos nun grande ecosistema (ecosfera) no que todos os elementos están intimamente relacionados e onde os graves danos nalgunha das súas partes derivan, indefectiblemente, en desequilibrios a escala planetaria.

    A humanidade necesita vivir nunha biosfera saudable e nun planeta equilibrado.

    Fenómenos importantes que deben seguir manténdose para vivir nun ambiente saudable son, por exemplo, o completo desenvolvemento dos ciclos dos elementos químicos, a posibilidade de purificar os residuos que producimos e o control das numerosas enfermidades, e todos eles van depender dun bo funcionamento da natureza no seu conxunto.

    A diversidade de especies é importante porque segue a ser o principal recurso para a obtención de alimentos, medicinas e substancias químicas de moi diferentes usos. Considerado a longo prazo, a evolución e a adaptación das especies aos cambios ambientais vai depender da riqueza de xenes e especies. Por iso, a extinción dunha especie constitúe tamén unha desgraza desde o punto de vista máis utilitario.

    Ademais, a destrución do ambiente non é inevitable. Non é necesario destruír ou danar gravemente os ecosistemas e os recursos que estes conteñen co fin de manter un adecuado nivel de desenvolvemento, senón que o problema radica máis ben en realizar un uso racional dos recursos.

    A presión que durante séculos exerceu o ser humano sobre os distintos compoñentes da biodiversidade modificou inevitablemente as características orixinais do medio natural. A magnitude e intensidade destas modificacións sobre o espazo físico foi variable en función do momento histórico.

    Gran parte destas actuacións causaron un impacto negativo sobre o medio ambiente e a súa biodiversidade, que levou a que moitas especies, hábitats e ecosistemas se extinguisen ou caesen nunha situación de ameaza de maior ou menor intensidade.



    PRINCIPAIS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA PERDA DA NOSA BIODIVERSIDADE


    Trátase da primeira causa de extinción de especies.
    Os ecosistemas máis fráxiles son os que máis padecen as consecuencias da alteración.

    Exemplo: moitas zonas húmidas foron desecadas durante séculos polo home para convertelas en terras de labor, as marismas costeiras foron utilizadas para construír portos e cidades, e todo isto contribuíu a que a extensión destes ecosistemas diminuíse drasticamente no pasado.

    Así mesmo, a fragmentación dos ecosistemas naturais constitúe un dos problemas máis importantes na extinción de especies.

    A introdución de EEI foi considerada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) como a segunda causa de perda de biodiversidade, xusto por detrás da destrución do hábitat.

    As bioinvasións poden provocar a extinción ou redución da abundancia e/ou área de distribución de certas especies, ademais de causar importantes alteracións na estrutura e funcionamento dos ecosistemas.

    Este fenómeno é especialmente perigoso en ambientes altamente sensibles desde o punto de vista ecolóxico, como as illas, que adoitan ser lugares ricos en especies propias. Ademais, ten repercusións negativas na economía e na sanidade vexetal, animal e humana.

    O clima é un dos principais factores que regula a distribución de especies.

    Está previsto que nas próximas décadas o cambio climático se converta progresivamente na maior ameaza para a biodiversidade.

    Os primeiros efectos que se evidencian por esta problemática son cambios nas datas de floración e nos patróns migratorios así como na distribución de especies.

    Algunhas prácticas agrícolas modernas poden chegar a ser moi perigosas para o mantemento da diversidade biolóxica, como a intensificación dos monocultivos, que introducen unha uniformidade en contra da biodiversidade, ou o uso de pesticidas tóxicos para moitos organismos.

    A solución a estas prácticas sería a agricultura ecolóxica. O seu obxectivo é a obtención de alimentos de máxima calidade, respectando o medio ambiente e conservando a fertilidade da terra mediante a utilización óptima dos recursos naturais.

    A práctica da caza e pesca irracional sen atención á sostenibilidade do recurso así como a persecución e eliminación intencionada de determinadas especies, como depredadores (mamíferos carnívoros, aves rapaces,..) foron ata hai algún tempo unha importante causa de empobrecemento da biodiversidade.

    Ademais, o coleccionismo e a captura ou a recolección de especies polas súas propiedades constitúen actividades que poden ter un elevado impacto en determinadas especies.

    Aínda que a contaminación local en xeral ten un impacto menor na extinción de especies, as formas de contaminación máis xerais poden ter efectos moi daniños sobre a biodiversidade, en especial o enriquecemento en nutrientes das augas e dos solos, que favorece a determinadas especies fronte a unha grande variedade adaptada a niveis limitados destes.

    Hai estudos que demostran que as especies exóticas ou invasoras adáptanse mellor á contaminación dos ríos que as especies autóctonas.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    A extinción de especies é un fenómeno natural que ocorreu desde o inicio da evolución da vida no planeta. Polo tanto, a taxa de desaparición á que se enfrontan actualmente as especies é cada vez maior, sobre todo a causa das actividades humanas, situación á que non é allea Galicia.

    Distinguimos dous tipos de ameazas:

  • En perigo de extinción: Especies ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causais da súa actual situación seguen actuando.

  • Vulnerable: Especies ou poboacións que corren o risco de pasar á categoría anterior nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre eles non son corrixidos.

  • O Catálogo galego de especies ameazadas, co fin de mellorar a situación das especies ameazadas presentes no noso territorio, contempla a elaboración de:

  • Plans de recuperación para as especies en perigo de extinción, nos que se definirán as medidas necesarias para eliminar tal perigo.

  • Plans de conservación para as especies vulnerables, que incluirán, se é o caso, a protección do seu hábitat.

  • Naqueles supostos en que dúas ou máis especies ameazadas coexistan nun mesmo tipo de hábitat e requiran a adopción de medidas análogas de conservación ou protección ou ben existan razóns ecolóxicas que así o aconsellen, poden agruparse en Plans integrais.

    Nun proceso de invasión biolóxica poden diferenciarse tres fases principais:

    1º.- Nun primeiro momento a especie é transportada desde a súa área orixe ata unha zona da cal non é nativa.

    2º.- A continuación desenvólvese un proceso de aclimatación ao novo ambiente.

    3º.- Finalmente a especie propágase e coloniza novas zonas.

    As vías de entrada das especies son diversas e actualmente vense potenciadas polo proceso de globalización do comercio, os mercados e o transporte. A introdución dunha especie exótica pode realizarse dunha forma accidental ou ben intencionadamente.

    A) As introducións accidentais ocorren xeralmente durante o transporte de mercadorías.

    B) As introducións intencionadas son produto xeralmente dunha neglixencia aínda que en moitas ocasións se descoñecen as consecuencias da introdución no medio natural.

    Unha vez que unha especie invasora se estableceu nunha nova rexión, resulta extremadamente difícil erradicala ou controlar a súa poboación.

    Unha especie exótica (chamada tamén ou alóctona) é aquela que se atopa fóra da súa área natural de distribución por causas humanas, ben de maneira intencionada ou accidental.

    Ten a capacidade para sobrevivir e perpetuarse no medio natural.

    Esta especie considérase invasora cando supón un perigo para a diversidade biolóxica orixinal, é dicir, cando constitúe un factor que ameaza os ecosistemas orixinais e a supervivencia das especies autóctonas.

    Unha especie invasora caracterizarase pola súa capacidade para reproducirse e perpetuarse no novo medio, competindo e nalgúns casos desprazando dos seus nichos ecolóxicos as especies nativas, alterando algunhas das características propias do medio, transformando algúns dos parámetros ambientais, consumindo con maior efectividade algún dos recursos do contorno, etc. Isto termina producindo unas condicións previamente inexistentes no medio e que algunhas das especies autóctonas non son capaces de asimilar.

    Non todas as especies exóticas introducidas son invasoras. Moitas especies de plantas introducidas, sobre todo de uso agrícola ou ornamental (millo, pataca,..), son extremadamente beneficiosas desde o punto de vista económico e non supoñen ningún perigo de invasión, posto que necesitan duns coidados específicos, como poden ser a continua rega ou a achega de nutrientes suplementarios.

    A introdución de especies animais ou vexetais exóticas con comportamento invasor é considerada como unha das principais causas de perda de biodiversidade, ademais de ter repercusións negativas na economía e na sanidade vexetal, animal e humana.


    PRINCIPAIS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS EN GALICIA

    Din que foi Frei Rosendo Salvado (1814-1900), que evanxelizou Australia, quen trouxo a árbore a Galicia a mediados de século XIX, malia que outras fontes aseguran que as nosas árbores foron importadas dende Portugal.

    Nun principio cultivouse como árbore ornamental, pero axiña se espallou por toda Galicia para o seu aproveitamento madeireiro.

    Presenta unha extrema avidez pola auga, que pode chegar a causar o desecamento de pozos e leitos de ríos próximos. Nestas elevadas necesidades de auga inflúe a densa rede de raíces, capaz de aproveitar a mínima greta do subsolo.

    Non está aínda catalogado como especie exótica invasora de momento, pois hai discrepancias entre a indústria madeireira e o mundo ecoloxista.

    A mimosa ou acacia de Australia (Acacia dealbata) é unha árbore de entre 10-12 metros de altura, perenne, usada en xardinaría como ornamental, de crecemento rápido se ben é raro que exceden dos 30 anos de idade.

    Considérase unha especie altamente invasora en terreos degradados e montes queimados. Supón un gran problema ecolóxico para a biodiversidade.

    Orixinaria de Australia e Tasmania. Sábese da súa introdución en España desde 1824. A especie plantouse como ornamental e para fixar taludes do camiño de ferro de Galicia ao longo do século XX.

    A súa erradicación é difícil e custosa.

    A cortadeira, herba ou penacho da Pampa (Cortaderia selloana), é unha planta que forma matas moi altas, endémica dos pastos do sur de Suramérica e na Patagonia.

    Medra en densa mata, que pode acadar 3 m de altura, con raíces profundas e amplas. As follas sempre verdes, longas e estreitas, duns dous metros de longo e até 2 centímetros de largura; con beiras moi afiadas e cortantes.

    A cortadeira está considerada a sétima especie máis daniña da península Ibérica, e en lugares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Euskadi xa ten consideración de praga.

    É moi adaptable e pode medrar nunha ampla gama de ambientes e climas, se ben medra mellor en zonas cálidas e non soporta a xeada. Moi prolífica, cada planta pode producir máis de 1 millón de sementes durante a súa vida.

    A avespa asiática (ou Vespa velutina) é orixinaria de Asia (China, India e Indonesia). Considérase unha especie invasora en Galicia.

    A Vespa velutina triplica en tamaño a abella europea, pois as mestras chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm.

    É depredadora da abella doméstica, á que mata por decapitación para alimentar con ela as súas larvas. Tamén devoran as crías de abella dentro da colmea. Aniñan no alto das árbores en colonias de máis de mil individuos.

    O escaravello vermello (Rhynchophorus ferrugineus) é orixinario da Asia tropical. É un insecto de gran tamaño, entre dous e cinco centímetros. A súa cor avermellada ferruxinosa faino inconfundíbel. A larva fura galerías de máis dun metro de lonxitude no estipe (o tipo do talo das palmeiras), podendo matar a planta hospedeira.

    O escaravello normalmente infecta palmeiras con menos de doce anos. O adulto pode causar algúns danos ao alimentarse, no entanto, é a larva a que, ao escavar túneles polo estipe da palmeira, provoca a morte da planta. A femia adulta pon aproximadamente 200 ovos nas zonas de crecemento da coroa da palmeira.

    En 2013 detéctase o primeiro caso en Galicia.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Cando falamos dos tres R referímonos aos conceptos: Reducir, Reutilizar e Reciclar, fundamentais para diminuir o noso impacto ambiental no planeta:

    Reducir: Consiste en intentar xerar menos residuos e diminuir o noso consumo, tanto enerxético como de bens materiais.

    Reutilizar: Consiste en volver a utilizar as cosas de novo, ou darlles un novo uso, antes do momento de desfacernos delas.

    Reciclar: Consiste en rexenerar, ou transformar un material xa usado para volvelo a utilizar.

    Azul, verde, amarelo, gris e marrón. Parece sinxelo, pero no momento de separar os residuos non todos tenemos claro que vai dentro de cada colector. O mellor xeito de non equivocarse é, se dispoñemos de espazo, ter varios cubos de lixo na casa para facer a separación previamente.

    Hoxe en día, xa é posible atopar bolsas de lixo coas mesmas cores que as dos colectores, o que nos facilita aínda máis a tarefa.

    Dentro do colector amarelo, debemos depositar botellas e envases de plástico, envases metálicos e briks como:

  • Botellas de plástico
  • Latas de conserva e bebidas
  • Tapas e tapóns de plástico, metal e chapas
  • Bandexas de aluminio, papel film e de alumnio.
  • Botes de desodorante, tubos de pasta de dentes.
  • Tarrinas e tapas de iogurt
  • Bolsas de plástico (agás as de lixo)
  • Bandexas de corcho branco
  • Briks: leite, zumes, sopas, etc
  • No colector azul hai que depositar só papel e caixas de cartón: envases de alimentación, calzado, produtos conxelados, papel de envolver, papel de uso diario, etc.

    Un pequeño truco para aforrar espazo no cubo e aumentar a súa capacidade é dobrar e comprimir os envases en vez de engurralos. Así será máis sinxelo separalos.

    Este colector, xunto co amarelo, leva 20 anos en funcionamento en España.

    No colector verde podemos depositar:

  • Botellas de vidro (viño, cava…),
  • Frascos de vidro (como perfumes ou colonias) ou
  • Tarros de alimentos (marmeladas, conservas, etc.).

  • Ollo!: Debemos diferenciar o vidro do cristal. Ao verde só debe ir o vidro. Non se poden depositar: bombillas (que deben levarse ao punto limpo ou a centros de recollida), e os espellos, cinceiros, vasos e vaixelas tamén deben ser depositados nos mesmos lugares.

    O que debe depositarse neste colector é: restos de alimentos como peles de froitas, espiñas de peixe, plantas, cascas de ovo ou pousos; ou panos de papel e papel de cociña usados.

    Non podemos depositar os restos non orgánicos como obxectos de cerámica, cueiros, cabichas, chicles, toalliñas húmidas, area para mascotas, pelo, pó, etc.

    Este é o colector para todos aqueles residuos que non se reciclan, pero tampouco poden usarse para facer compost. Esta fracción de residuos que non poden ser reutilizados deposítanse nos vertedoiros ou recheos sanitarios.

    Depositaremos: Xoguetes, biberóns, chupetes, utensilios de cociña, cueiros, obxectos cerámicos, compresas, area para mascotas, pelo, pó, cabichas, etc. É dicir, todo aquelo que non pode ser reutilizado.

    Co lixo que botamos ao colector marrón podemos facer compost.

    O compost é o abono formado pola mestura de residuos orgánicos fermentados e materias minerais.

    Existe desde o nacemento das plantas verdes na tierra. Calquera vexetal que acabe no solo e podreza coa participación de osíxeno transfórmase en compost. Sen embargo, o que on ten axuda de osíxeno, convírtese en turba (carbón lixeiro de aspecto terroso e esponxoso) e finalmente en carbón polo efecto da presión.

    Nos puntos limpos podemos atopar unha infinidade de tipos de residuos. Recóllense e almacénanse temporalmente de forma separada porque poderían ser grandes ou perigrosos se se botasen nos colectores convencionais.

    Nun punto limpo recollen:
    Mobles, móbiles, electrodomésticos, ordenadores e produtos informáticos, CDs e unidades de almacenamento, pilas e baterías, espellos, cartuchos de tinta e impresoras, cámaras de fotos...

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.