1
Semana da Prensa
Os días D e as semanas S

Na segunda semana de marzo conmemoraremos a Semana da Prensa nos centros escolares de Galicia. Un día de esta semana traballaremos na aula con xornais.

Nesta unidade aprenderemos:

  • O signficado da conmemoración e curiosidades sobre a mesma.
  • Os principais medios da prensa escrita en Galicia e España.
  • A recoñecer e distinguir os principais xéneros xornalísticos.
  • A identificar as partes dunha nova.
  • A redactar novas de prensa en linguaxe xornalística.
  • A adoitar unha actitude crítica ante as novas que aparecen nos diferentes xornais.

  • Hai máis de 2000 anos publicouse o que está considerado o primeiro xornal da historia. Chamábase Acta Diurna e era un boletín informativo coas novas oficiais do goberno na época de Xulio Cesar.

    Aínda que nun primeiro momento o obxectivo do xornal era difundir accións do goberno de Roma, co paso do tempo extendeuse a outro tipo de novas de interese xeral como os casamentos e defuncións de persoeiros senlleiros, notas legais e incluso anuncios publicitarios como subastas de esclavos.

    Estas actas eran realizadas en metal ou pedra co escudo do goberno para evitar alteracións ou falsificacións e estaban ubicados en lugares de acceso público do Foro.

    Non se conserva ningún orixinal pero sí copias realizadas en papiro para poder levar as novas ás provincias do Imperio.

    Séculos máis tarde, cara o ano 713, existiu na China unha publicación do goberno imperial á que chamaron "Novas mesturadas".

    Mentres, na Europa medieval, xurdiron os avisos, páxinas escritas a man que se penduraban en lugares públicos.

    Xa no século XIII, creouse en Inglaterra a
    "Nouvelle manuscrite" para a difusión de novas.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    A chegada da tipografía (imprenta de tipos de metal) de Johannes Gutenberg, no século XV, supuxo unha gran revolución para a publicación de materiais escritos. Pronto, empezaron a aparecer follas con información sobre portos, eventos políticos, sucesos... O primeiro xornal impreso foi Nurenberg Zeitung, e publicouse en Alemania en 1457.

    Johann Gutenberg (1399-1468), naceu en Maguncia, Alemania. O pai de Johann Gutenberg era comerciante e a súa nai a filla dun tendeiro.

    O mérito de Gutenberg foi perfeccionar as técnicas de impresión existentes fundindo en metal cada unha das letras do alfabeto por separado, e ideando un sistema para poñelas unha a continuación de outra e suxeitalas. De esta forma podíanse compoñer máis rápido as páxinas e reutilizar os moldes para compoñer outras páxinas. Para reproducir os debuxos seguíase utilizando a xilografía e posteriormente pintábanse a man.


    Paseniño, estas publicacións foron adquirindo unha periodicidade determinada, ben diaria, semanal, e no século XVII, extendéronse por toda Europa e América os xornais publicados regularmente. Entre outros, en 1615, naceu o Frankfurter Journal, de Alemania; en 1622, o xornal inglés Weekly News; en 1640, a Gazzeta Publica, de Italia; en 1641, a Gaceta semanal, de Barcelona, e en 1661, La Gaceta, de Madrid... Anterior a este último é o Post-och Inrikes Tidningar, de Suecia, o xornal máis antigo do mundo que aínda hoxe continúa editándose, e que foi publicado por primeira vez en 1645.

    No século XIX, inventaron e perfeccionaron a prensa de vapor (utilizada por primeira vez polo diario The Times), a fotografía, o telégrafo e, en especial, a rotativa e a linotipia. De esta maneira, púidose automatizar a impresión, gañando en velocidade. Os avances técnicos e o aumento da alfabetización propiciaron unha demanda crecente de xornais, poñendo en circulación millóns de exemplares a diario.

    Pouco a pouco, os países occidentais foron regulando a prensa e instaurando leis nas que se recoñecía a liberdade de expresión. Asemade, organizaron a súa estrutura informativa en torno a axencias estatais de novas, que pasaron a ser os mediadores entre os gobernos e os xornais.

    Foi no século XIX cando naceu o xornalismo tal e como hoxe se coñece e cando os xornalistas acadaron categoría de profesionais. Asemade, a publicidade supuxo un punto de inflexión nas publicacións periódicas. Moitos diarios baixaron o seu prezo e pasaron a financiarse mediante a entrada de anuncios, chegando así a un número moito maior de lectores. A información convertíase en mass media e, pouco a pouco, apareceron as primeiras industrias ou grandes grupos do mundo da prensa: Bennet, Pulitzer, Hearst...

    Deste xeito, os xornais chegaron a ser instrumentos de gran influencia e poder. Durante as guerras mundiais, por exemplo, os xornalistas colaboraron cos diferentes exércitos, servindo de
    máquina de propaganda e inventando informacións para manter ilusionados aos soldados é á poboación en xeral.

    Trala II Guerra Mundial, desenvolveuse a teoría da responsabilidade social dos medios e xurdiron xornais de élite de información xeral que impulsaron a análise dos feitos e a documentación exhaustiva. The Times foi o modelo deste xornalismo que se extendeu tamén a outros medios.

    Ao longo do século XX, a prensa escrita tivo que competir con outros formatos para divulgar información: a
    radio, a televisión e as novas tecnoloxías. Escoitáronse voces acerca da desaparición dos xornais tradicionais, aínda que, de momento, miles de diarios publican as súas edicións cada mañá. Non obstante, as publicacións periódicas (diarios, semanais...) foron adaptándose aos novos tempos e contan cas súas respectivas webs en Internet así como presencia nas principais redes sociais.

    A finais do século XIX e principios do XX sobre todo nos Estados Unidos había unha gran demanda de man de obra nas fábricas e moitos nenos e nenas foron incorporados ao mercado laboral. Os salarios nas fábricas eran tan baixos que os nenos tiñan que axudar a manter a economía familiar.

    Ás empresas lles gustaba contratar nenos porque lles pagaban uns salarios moito máis baixos e as súas pequenas mans eran idóneas para manexar pezas pequenas. Os nenos perdian así a oportunidade de formarse e disfrutar da xuventude.

    Un dos traballos máis frecuentes era o de vendedor de xornais pola rúa.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Nun xornal temos textos de moi distintos tipos. È moito máis que unha recompilación de noticias sobre sucesos acaecidos, neles atopamos información pero tamén interpretación dos feitos.


    Esta interpretación pode ser enriquecedora se a fai un experto no tema pero perigosa se o xornalista ofrece unha visión particular dos feitos como se se tratase dunha verdade obxectiva: se quere expor un feito debe redactar un tipo de texto e se quere opinar debe escoller outro tipo de texto diferente.

    Cando abrimos un xornal debemos recoñecer os diferentes xéneros xornalísticos. Cómpre distinguir:

  • Xéneros informativos: narran feitos de interese xeral de maneira obxectiva.

  • Xéneros de opinión: interpretan os feitos e valoran as actuacións e as actitudes dos personaxes coa finalidade de ofrecer unha visión particular que provoque a reflexión do lector.

  • Xéneros interpretativos ou mixtos: ademais de informar, incorporan valoracións e interpretacións dos feitos.

    Os xéneros informativos son aqueles nos que o/a xornalista se limita a informar de xeito obxectivo sobre algunha nova de actualidade.

    Os principais xéneros nos que podemos atopar información son

  • a noticia

  • a reportaxe

  • a crónica

  • Aínda que só na noticia (e algúns tipos de reportaxes) atopamos un xénero informativo puro.

    A noticia é un tipo de texto que informa sobre algún feito novidoso de actualidade que teña interese para un gran número de lectores/as.

    Unha
    noticia debe cumprir tres principios básicos: claridade, brevidade e obxectividade.

    Tamén debe daptarse a uns requisitos temáticos, formais e lingüísticos concretos en canto a:

  • Contido

  • Estrutura

  • Lingua
  • A redacción da noticia debe facerse sempre comezando pola información máis relevante e logo concretando os detalles. Para iso hai que redactar de maneira que se vaian contestando seis preguntas:

  • Que pasou?
  • A quen?
  • Cando?
  • Onde?
  • Por que?
  • Como?
  • A estas seis preguntas aínda se lle pode engadir outra: para que?.

    A información dunha noticia debemos organizala do seguinte xeito:


  • Titulares. Trátase de resumir o contido da lectura e ao mesmo tempo conseguir o interese dos/as lectores/as. Está formado por tres partes diferenciadas:
  • - Título: unha frase que resume o contido da noticia. Sempre aparece destacado tipograficamente con letra de maior tamaño e en negriña.
    - Antetítulo e subtítulo: Frases explicativas colocadas antes e despois do título, respectivamente. .

  • Entrada: É un resumo da noticia onde se recolle o esencial.

  • Corpo. É o desenvolvemento da noticia ordenados de maior a menor relevancia.
  • Os medios de comunicación non teñen como único cometido a información senón que tamén constitúen un importante vehículo de difusión de ideas. Por iso atopamos neles abondoso espazo reservado aos artigos de opinión nos que os/as autores/as (sexan redactores, colaboradores ou lectores) poñen de manifesto a súa particular forma de ver un determinado tema, é dicir, valoran e xulgan un tema coa intención de influír na opinión dos/das lectores/as.

    Dependendo de quen sexa o autor/a, distinguimos os seguintes tipos de textos de opinión:

  • O editorial: Trátase dun artigo que explica e valora un feito de actualidade de gran transcendencia. Aparece sen asinar porque non é a opinión dun xornalista concreto senón a da dirección do xornal.

  • O artigo: Os artigos son escritos por persoas que colaboran de maneira ocasional ou permanente co xornal ou revista. Sempre van asinados .

  • A crítica: Unha crítica é un artigo no que o/a autor/a analiza e opina sobre un libro, unha película, un disco...

  • A tira cómica: O humorista tamén sintetiza o seu punto de vista sobre un tema de actualidade aínda que sexa con graza.

  • Cartas ao director/a: Son enviadas polos lectores con opinións sobre un tema.
  • Aquí hai unha mestura do visto ate agora: textos nos que se informa sobre un feito (xeralmente de actualidade) pero baixo o prisma co que o/a xornalista observa a realidade.

    Adoitan chamarse xéneros mixtos, híbridos ou interpretativos.

    Podemos incluír nesta clasificación tres tipos de textos:

  • a reportaxe
  • a crónica
  • a entrevista

  • Na entrevista trátase en profundidade un tema determinado. O papel do/a xornalista non se limita aquí a transcribir uns feitos senón que debe investigar: consultar documentos, entrevistar a protagonistas e testemuñas…

    Acostuman tratar temas de actualidade, pero non necesariamente actualidade inmediata, de feito requírese que pase un tempo mínimo para recoller os datos e preparar os textos.

    As reportaxes resultan fiables en canto ao relato dos acontecementos pero déixase ver a subxectividade do/a autor/a no enfoque e xeito de presentar estos datos.

    As reportaxes sempre veñen asinadas.

    Tamén é un relato sobre un tema de actualidade. A súa autoría xeralmente procede dun/unha correspondente nun lugar determinado ou un/unha enviado/a especial a ese lugar, precisamente coa intención de que ofreza a súa propia visión sobre o que está a acontecer.

    Na crónica trátanse os feitos cronolóxicamente e coméntanse.

    Exemplos: a crónica dun partido de fútbol, dunha catástrofe, dun conflicto bélico...


    A entrevista é un xénero que se caracteriza por presentar ao lector o diálogo mantido entre o xornalista e o personaxe. É un xénero moi utilizado na radio e na televisión, máis que na prensa escrita.

    Os participantes na entrevistas coñecen con anterioridade o tema, a finalidade e o lugar onde esta se vai producir.

    A entrevista plásmase no texto tal e como se produce pero previamente o/a entrevistador/a debe conseguir información sobre o entrevistado e prepararse sobre o tema do que van tratar e logo elaborar un guión coa lista de preguntas e a orde na que as vai formular.

    As fake news son un tipo de bulo que consiste nun contido pseudo xornalístico difundido a través de portais de noticias, prensa escrita, radio, televisión e redes sociais. O seu principal obxectivo é a desinformación.

    Deséñanse e emítense coa intención deliberada de enganar, inducir a erro, manipular decisións persoais, desprestixiar ou enaltecer a unha institución, entidade ou persoa, obter gañanzas económicas ou rédito político. O feito de presentar feitos falsos coma se fosen reais, é considerado unha ameaza á credibilidade dos medios serios e os xornalistas profesionais así como ao público do medio.

    Na historia temos moitos bulos con diferente intencionalidade. Exemplos:

    - Século I AC: O emperador romano Augusto emprendeu unha campaña de desinformación contra o seu rival Marco Antonio, acusándoo de alcohólico e marioneta da raíña de Exipto Cleopatra VII.

    - Os primeiros cristianos foron perseguidos debido a que circulaban rumores segundo os cales realizaban “prácticas repugnantes” como matar nenos ou o canibalismo.

    - No ano 64 o emperador romano Nerón acusou aos cristianos de incendiar Roma cando posiblemente fose orde súa.

    - Tralo descubrimento de América difundíronse bulos sobre sitios con gran riqueza e cheos de ouro para reclutar tripulación para os barcos.

    É moi doado deixarse enganar polos bulos ou Fake News que circulan pola rede e polos medios de comunicación (xornais, radio, televisión, redes sociais...). Algúns consellos para evitalos:

    - Non te emociones se a nova é ao teu interese. Por moi apetecible que sexa compartila busca en Google antes de facelo.

    - Que a fonte sexa fiable: ver quen o escribiu e en que data. Unha nova de hai anos presentada como algo actual tamén é un engano.

    - Dubida das novas sen referencias e declaracións. Comprobar ligazóns e citas textuais.

    - Se hai excesiva publicaidade desconfía. Os bulos tamén xeran negocio.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    A historia dos medios impresos en Galicia é reflexo da propia historia do país. A partires de da segunda metade do século XIX xurden diferentes iniciativas con dous aspectos en común:

  • Reivindicar a lingua e os usos lingüísticos para calquera tema, non só presentando a lingua como manifestación literaria, senón tamén como expresión xornalística.

  • As persoas destinatarias son as inmensas maiorías sociais, desprotexidas de información e poder, exemplificados nos labregos como grupo maioritario.

  • Estas publicacións están moi relacionadas con movementos protonacionalistas e rexionalistas.


    O Tio Marcos d'a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega.

    Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado "Parrafeos c'o pobo gallego", tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galicia, chegando a tirar catro mil exemplares. Ademáis das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.

    A nosa Terra é unha cabeceira que deu nome a diferentes publicacións periódicas galegas:

  • Como voceiro de Solidaridad Gallega (1907-1908): Editado na Coruña. Era billingüe aínda que predominaba o castelán e o galego tan só para temas literarios.
  • Como voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936): Editado integramente en galego. En total 422 números.
  • Como voceiro da Irmandade Galega da Arxentina (1942-1972): Editada en Buenos Aires. Castelao foi o seu primeiro director e editor.
  • Xornal editado en Vigo (1977-): Periodicidade semanal na etapa en papel. Dende o 2018 só en formato dixital tras un parón que sufriu no 2012.
  • Faro de Vigo é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario.

    Na actualidade mantén seis edicións:

  • Pontevedra,
  • Vilagarcía de Arousa,
  • Ourense,
  • O Morrazo e
  • Deza-Tabeirós-Montes
  • Edición dixital
  • No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares.