1
Semana da Constitución e do Estatuto de Galicia
Os días D e as semanas S

Na primeira semana de decembro conmemoramos nos centros educativos A Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia

Nesta unidade aprenderemos:

  • O signficado da conmemoración e por que eliximos esta semana.
  • Valorar e respectar as normas e pautas que rixen a convivencia dun grupo.
  • Identificar a organización territorial do Estado español e institucións fundamentais.
  • Recoñecer os ideais, valores e partes da Constitución española de 1978.
  • Recoñecer os ideais, valores e partes do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
  • Non foi elaborada polos representantes do Estado, xurada polo irmán de Napoleón Bonaparte, Xosé I Bonaparte, a quen el confiou o territorio español ocupado, o 8 de xullo de 1808 na cidade de Baiona (Francia).

    Establecía como rei de España a Xosé I Bonaparte e o cambio da monarquía absoluta por unha monarquía constitucional, de ideas napoleónicas.

    Organizaba España como unha monarquía hereditaria que o monarca ocupaba o centro do poder político, pero coa obrigación de respectar os dereitos cidadáns proclamados no seu texto.

    Foi aprobada o 19 de marzo de 1812 polas Cortes Xerais Extraordinarias reunidas na cidade de Cádiz. Foi o primeiro documento constitucional aprobado na Península Ibérica e un dos primeiros no Mundo.

    Oficialmente, a Constitución de Cádiz estivo en vigor dous anos, dende o día da súa promulgación, o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé, de aí o alcuño de La Pepa que lle deu o pobo andaluz, até o 24 de marzo de 1814, día en que foi revogada co regreso a España do rei Fernando VII.

  • A Constitución española de 1837 mantívose en vigor desde 1837 até 1845. O seu principal legado foi recuperar as medidas máis progresistas da Constitución española de 1812.

  • A Constitución española de 1845 era de tendencia liberal moi conservadora.

  • A Constitución Española de 1869 durou até a abdicación de Amadeo I e a posterior proclamación da Primeira República Española, en 1873. Foi unha constitución moi avanzada para a súa época.
  • A Constitución española de 1876 (Constitución da Monarquía Española) foi promulgada por Cánovas del Castillo o 30 de xuño de 1876, logo da restauración borbónica. Foi unha constitución que supuña unha mestura entre a constitución moderada de 1845 e a progresista de 1869. Tivo unha vixencia moi prolongada, ata 1931.

  • A Constitución da República Española de 1931 foi aprobada o 9 de decembro de 1931 polas Cortes Constituíntes tras as eleccións xerais españolas de 1931 que seguiron á proclamación da Segunda República e estivo vixente até o final da Guerra Civil Española en 1939.

  • A Constitución Española (CE) está baseada noutros textos españoles e europeos, principalmente nacidos trala Segunda Guerra Mundial. Neste sentido, destacamos:

  • A Constitución española do 9 de decembro de 1931.
  • A Constitución italiana de 1947.
  • A Lei Fundamental de Bonn de 1949 (Constitución da República Federal Alemana).
  • A Constitución francesa de 1958.
  • A Constitución portuguesa de 1976.

  • Segue ademáis a liña trazada por numerosos textos internacionais como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais.

    A Constitución Española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición Española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha Monarquía parlamentaria.

    É a Norma Fundamental do Estado, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns. Toda disposición ou acto contrario á Constitución carece de validez.

    Recolle unha ampla declaración de dereitos individuais, sen restricións. Incluíronse dereitos sociais (dereito ao traballo, á vivenda, á educación, á sanidade) e económicos.

    España é un Estado democrático porque, busca a liberdade, a xustiza e a igualdade para todos e todas as que o formamos, e calquera ten dereito a expoñer e defender as súas ideas en público sen ser perseguido/a. Ademáis os cidadáns e cidadás podemos elexir aos nosos representantes por votación.


    Título preliminar, Constitución Española de 1978

    As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ambas Cámaras representan ao pobo español. As Cortes Xerais aproban as Leis do Estado, os orzamentos ou controlan a acción do Goberno.

    O Congreso representa a todos os cidadáns do país e debate e redacta as leis.

    O Senado non pode propoñer leis, senón que revisa e propón cambios aos proxectos de lei que lle entrega o Congreso. Ademáis, o Senado representa aos territorios.

    Madrid é a capital de España dende que no ano 1561 o Rei Felipe II trasladou alí a Corte por ser o centro xeográfico do Estado.

    Anteriormente, tamén foron capital de España: Toledo, Valladolid, Sevilla, Cádiz, Valencia, Barcelona e Burgos.

    Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Como símbolo institucional está regulado e é usado polo Goberno e institucións derivadas. O Xefe de Goberno e ministerios utilizan o mesmo símbolo, mentres que El Rei ostenta outros escudos tamén regulados oficialmente.

    A coroa representa a soberanía nacional, as columnas o pasado histórico como imperio, e os cuarteis simbolizan o: Reino de Castela, Reino de León, Coroa de Aragón e o Reino de Navarra. Igualmente están representadas as armas do Reino cristián de Granada e as armas da Casa dos Borbóns.

    "A Bandeira de España está formada por tres franxas horizontais, vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas", segundo establece o artigo 4.1 da Constitución Española de 1978.

    Foi Carlos III quen tomou a decisión de dispoñer que se buscase unha bandeira distinta á dos demais países e que fose facilmente distinguida en pleno mar. Ata o século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Bor­bón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar.

    A Marcha Real ou Marcha Granadera é unha composición musical do século XVIII usada como himno por España, e malia que houbo diversas tentativas para dotala dunha versión con letra, nunca se oficializou ningunha.

    Durante a Segunda República Española o himno utilizado no Estado foi o Himno de Riego.

    "Os españois somos iguais ante la lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".

    Artigo 14 da Constitución

    "Todos os españois temos dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes. Queda abolida a pena de morte, agás o que poidan dispoñer as leis penais militares para tempos de guerra".

    Artigo 15 da Constitución


    "Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a precisa para o mantemento da orde pública protexida pola lei. Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas".

    Artigo 16 da Constitución

    "Quen nace con nacionalidade española ten dereito a conservala durante toda a súa vida, a non ser que renuncie a ela".

    Artigo 11 da Constitución


    "Aos 18 anos somos maiores de idade e podemos votar, independizarnos dos nosos pais, casarnos, comprar e vender casas...".

    Artigo 12 da Constitución

  • Non podemos ser detidos pola policía sen causa xustificada ante a lei.
  • Temos dereito a un xuízo xusto e a un abogado se somos acusados.
  • Se somos levados ao cárcere por cometer un delito recibiremos un trato digno.
  • Somos inocentes mentres non se demostre o contrario.

  • Artigo 24 da Constitución

  • Ninguén pode ler sen o noso permiso a nosa correspondencia, o correo electrónico nin escoitar as conversas telefónicas.

  • Ninguén pode entrar nas nosas casas sen permiso. Se a policía precisa facelo necesitará unha orde do/da xuíz/a.

  • A nosa familia ten dereito a que se respectr a súa intimidade.

  • Artigo 18 da Constitución

  • Dereito a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante cualquera medio de reprodución.

  • Á produción e creación literaria, artística, científica e técnica.

  • A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

  • Artigo 20 da Constitución

  • Dereito de reunión pacífica e sen armas. Non precisa autorización.

  • Nos casos de reunións en lugares de tránsito público e manifestacións darase comunicación previa á autoridade, que só poderá prohibilas cando existan razóns fundadas de alteración do orden público, con perigro para persoas ou bens.

  • Artigo 21 da Constitución

  • Todos e todas temos dereito á educación.

  • A educación básica será obrigatoria e gratuita.

  • Os profesores, pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos.

  • Artigo 27 da Constitución

  • Temos dereito a casarnos aos 18 anos de idade, e se a cousa vai mal tamén a divorciarnos.

  • O home e a muller teñen dereito a contraer matriminio en igualdade xurídica.

  • A lei regulará as formas de matrimonio, os dereitos e deberes dos cónxuxes e as causas de separación e disolución así coma os seus efectos.

  • Artigo 32 da Constitución

  • Os poderes públicos aseguran a protección social, económica e xurídica da familia.

  • Os fillos e fillas deben ser igualmente protexidos polos seus pais cando menos mentres son menores de idade.

  • Todos os fillos e fillas son iguais ante a lei sexan de nai solteira ou casada.

  • Artigo 39 da Constitución

  • O Estado protexerá a saúde de todos os españois.

  • O Estado tutelará a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios.

  • Fomentarán igualmente a educación sanitaria, a educación física e o deporte, así como a utilización do ocio.

  • Artigo 43 da Constitución

  • Temos o dereito a desfrutar dun medio ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo.

  • O Estado velará por unha utilización racional de todos os recursos naturais, coa finalidade de protexer e mellorar a calidade de vida.

  • Para os que non cumpren o anterior: obriga de reparar o dano causado.

  • Artigo 45 da Constitución

  • O Estado velará polo patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España. É dicir: polos monumentos, os costumes, as tradicións e as linguas de España para evitar que se perdan.

  • A lei castigará os atentados contra este patrimonio.

  • Artigo 46 da Constitución

  • O Estado debe loitar contra os prezos abusivos do solo e a especulación para que todos os españois poidamos desfrutar dunha vivenda digna.
  • Artigo 47 da Constitución

  • O Estado debe protexer aos consumidores sendo informados das técnicas publicitarias e poñendo normas para a fabricación de todo tipo de produtos.
  • Artigo 51 da Constitución

  • Temos dereito a unha pensión digna tras a nosa xubilación.

  • As pensións deberán actualizarse periódicamente.

  • O Estado promoverá o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e ocio.

  • Artigo 50 da Constitución

  • O Estado realizará unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade física, sensorial ou psíquica.

  • Prestaráselle a atención especializada que precisen e ampararanse para o desfrute dos dereitos que a Constitución otorga a todos os cidadáns.


  • Artigo 49 da Constitución

    A Constitución foi aprobada polos españois e españolas o 6 de decembro de 1978 en referendum.

    O 27 de decembro celebouse unha sesión conxunta do Congreso e o Senado presidida polo Rei Juan Carlos I.

    Unha vez sancionada polo Rei, o seguiente paso era a súa publicación ao día seguinte no Boletín Oficial do Estado (BOE), pero esa xornada era 28 de decembro, festividade dos Santos Inocentes, retrasándose un día máis a súa aparición no BOE (29 de decembro) en todas as linguas oficiais: castelán, catalán, galego e euskera.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    O estatuto de autonomía é a norma básica dos distintos gobernos das comunidades autónomas do Estado español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81.

    Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.

    Os estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado.

    O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da Guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda.

    Este proceso foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos. Porén, a partir da aprobación do proxecto estatutario na Asemblea de municipios celebrada en Santiago de Compostela a finais de 1932, foi o Partido Galeguista o verdadeiro impulsor e dinamizador do proceso estatutario.

    O Estatuto de Autonomía de Galicia é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma.

    Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre quen integran o pobo galego.

    Foi aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980. O 6 de abril de 1981 este estatuto foi asinado polo rei Juan Carlos I.

    Os Estatutos de autonomía de Cataluña e Pais Vasco (as dúas comunidades xunto con Galicia con Estatuto propio na Segunda República) foron aprobados en 1979 pero en Galicia houbo que esperar dous anos, tres foron as causas de esta demora:

    1º.- A demisión do presidente do goberno español Adolfo Suárez en xaneiro de 1981.

    2º.- As secuelas do fallido golpe de Estado de 23 de febreiro de 1981.

    3º.- O problemático aterraxe do novo goberno de Leopoldo Calvo Sotelo.

    1. A lingua propia de Galicia é o galego.

    2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

    3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

    4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

    Correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva na organización e réxime xurídico das comarcas e parroquias rurais como entidades locais propias de Galicia, alteracións de termos municipais comprendidos dentro do seu
    territorio...

    Correspóndelle igualmente a ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.

    Correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en:

  • Montes veciñais en man común.
  • As augas minerais e termais, así como as augas subterráneas.
  • A pesca nas rías e demais augas interiores, o marisqueo, a acuicultura, a caza, a pesca fluvial e lacustre.
  • As feiras e mercados interiores.
  • A artesanía.

  • Correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia en:

    Patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, de interese de Galicia, arquivos, bibliotecas e museos de interese para a Comunidade Autónoma, e que non sexan de titularidade estatal; conservatorios de música e servicios de belas artes de interese para a Comunidade.

    Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento, como insignia nacional, ondeando dende polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

    O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia no ano 1282.

    "O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de goles ou vermello".

    O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes (catro primeiras estrofas) do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga.

    Foi estreado na Habana, Cuba, o 20 de decembro de 1907. Ademais a Antiga Marcha do Reino de Galicia é recoñecida na Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia como distintivo tradicional.