
FOTO: Monet pintando no seu xardín, cadro de Auguste Renoir (1841–1919)
Necesítanse auriculares para poder facer as actividades individualmente
PULSANDO A TECLA "?" NA BARRA LATERAL ACCÉDESE A UN DOCUMENTO PDF TITULADO "CRÉDITOS" QUE CONTÉN:
1- Unha listaxe de cita da autoría dos recursos multimedia incorporados a este O.D.E. (EDILIM) facendo referencia á súa licenza de uso (todos son de DOMINIO PÚBLICO) e incluíndo as ligazóns aos repositorios no que están aloxados cada un deles
2 - Unha GUÍA DIDÁCTICA deste O.D.E. na se expoñen os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incide, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñen e os recursos de avaliación, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.
Autoría: Eduardo Soutullo García

Unha das características do impresionismo musical é a de non tentar describir musicalmente e dunha maneira literal textos ou imaxes, senón insinualos ou evocalos como nun soño, tal como fai a pintura impresionista, onde o protagonismo teno a luz e a cor e non as figuras nin as formas, que se dilúen en manchas imprecisas.
Tal é o caso dalgunhas das obras mestras do impresionismo musical como Xogos de auga de Maurice Ravel ou O mar e os Preludios para piano de Claude Debussy. Nas próximas páxinas imos realizar unha serie de exercicios sobre esta última obra.
FOTO: Saint-Georges majeur au crépuscule, cadro impresionista de Claude Monet (1840-1926)