
FOTO: A disputa entre Oberón e Titania, cadro de J. N. Paton que representa aos personaxes de O soño dunha noite de verán.
Necesítanse auriculares para poder facer as actividades individualmente
PULSANDO A TECLA "?" NA BARRA LATERAL ACCÉDESE A UN DOCUMENTO PDF TITULADO "CRÉDITOS" QUE CONTÉN:
1- Unha listaxe de cita da autoría dos recursos multimedia incorporados a este O.D.E. (EDILIM) facendo referencia á súa licenza de uso (todos son de DOMINIO PÚBLICO) e incluíndo as ligazóns aos repositorios no que están aloxados cada un deles
2 - Unha GUÍA DIDÁCTICA deste O.D.E. na se expoñen os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incide, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñen e os recursos de avaliación, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.
Autoría: Eduardo Soutullo García

FOTO: detalle do cadro Mercado de caballos de Asia Central de Franz Roubaud (1856–1928)
Nos seguintes exercicios imos estudar os seguintes aspectos:
CLASIFICACIÓN ou TIPOS de música descritiva:
1 - Música que describe a natureza
2 - Música programática: o poema sinfónico
3 - Música incidental: a música para obras teatrais
Elementos a estudar nas audicións:
- Contexto histórico-artístico
- Referencias extramusicais nas pezas estudadas: literarias, pictóricas, da natureza, etc
- Características das pezas estudadas: instrumentación, movemento (tempo), altura, etc.

Podes escoitar o 2º Mov. da Sinfonía Pastoral onde os instrumentos imitan o canto dos paxaros e ver imaxes deste paxaros pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA

Como explicamos en exercicios anteriores, música programática é un tipo de MÚSICA DESCRITIVA que pretende evocar ideas extramusicais na mente do oínte, como un poema, unha imaxe, ou mesmo contar unha historia con música instrumental sen empregar nin textos nin canto. Un exemplo de música programática é o poema sinfónico Nas estepas de Asia Central de A. Borodin (que podes escoitar pulsando abaixo a tecla "Play") que describe unha caravana de centroasiáticos que cruza o deserto baixo a protección das tropas rusas. Explicaremos esta obra en detalle en exercicos posteriores.
FOTO: detalle do cadro Mercado de caballos de Asia Central de Franz Roubaud (1856–1928)

Como explicamos en exercicios anteriores, música incidental é a MUSICA DESCRITIVA que, por exemplo, acompaña algunhas escenas nunha obra teatral, ambientando a época e o lugar nos que se desenvolve a acción, caracterizando aos personaxes, etc. Un exemplo de música incidental é O soño dunha noite de verán. Podes podes escoitar un fragmento desta obra, a Danza dos pallasos, pulsando abaixo a tecla "Play".
FOTO: detalle de A disputa entre Oberón e Titania, cadro de Joseph Noel Paton que representa aos personaxes de O soño dunha noite de verán.