O cómic, banda deseñada, ou novela gráfica trátase dunha forma de expresión artística, que consiste nunha serie de ilustracións que, lidas en secuencia continua, permiten ao lector recompoñer un relato.
É un tipo de narración que mestura elementos lingüísticos con imaxes gráficas. Igual que na narración literaria, conta unha historia, que se organiza dun determinado xeito, é dicir, ten unha estrutura.
Hai moitas similitudes entre o cómic e a narración literaria: ambos poden ter unha división en capítulos, teñen títulos…, e a historia organízase cronoloxicamente en: presentación, nó e desenlace.