1
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas





Revisa as túas respostas.
Se chegaches ata aquí e tes máis de seis respostas correctas, noraboa, podes continuar.

Se o número de acertos é inferior a seis, entón pasarás á páxina un e comezarás de novo.










A horta dunha casiña de planta baixa.
Hai árbores, un pozo, un galiñeiro e a caseta dun can.
O can chámase Paulino. A galiña que habita no galiñeiro entende por Petra.
Diante da casa, ao pé da porta de cor vermella de dúas follas e debaixo dunha fiestra, hai un mazadoiro de pedra. As fiestras son amarelas.
Nunha árbore vense, dependuradas, cinco laranxas enormes. As laranxas máis grandes do mundo.
A árbore está dentro da horta, pero tan pegada ao muro, que unha laranxa pende sobre o camiño que pasa por alí.
É un día de sol, cheo de luz. Chouta a vida en cada cor.
Pola folla aberta da porta da casa, ensina o nariz Elías. É un home de trinta anos, e polas guedellas que lle saen por debaixo do gorriño de lá azul e branca misturada, vese que é loiro…
…Séntase no mazadoiro e mira ledo arredor de si. De repente, descubre as laranxas. Ponse de pé e corre cara á casa, pero cando vai entrar, péchase a folla de enriba, pega un croque, o croque máis grande do mundo, e cae estarricado. Quéixase dun pé.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
Carlos Casares



























Elías é un home de trinta anos, e polas guedellas que lle saen por debaixo do gorriño de azul e branca misturada, vese que é loiro.

Vai vestido cunha camiseta de felpa bastante lixada. Restrega os ollos, enruga e desenruga a fronte, abre a folla de abaixo da porta, e sae á horta.

Os pantalóns remendados, van suxeitos ao ombreiro esquerdo cun tirante só.

Os zapatos, os máis grandes do mundo, coma as laranxas, non son irmáns.

Pon as mans nos cadrís e despreguízase con estrondo. Logo, medio coxeando, aínda non espabilado de todo, diríxese ao pozo, saca auga e lávase comicamente pouco.