As autoridades do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia acaban de seleccionarte para formar parte dun grupo investigador que, durante unha semana, estudiará a fauna vertebrada das Illas Cíes. Nese tempo deberás de facer un inventario dos peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos que viven neste espazo protexido. Colle o barco e zarpa cara ó arquipélago co teu equipo....
Veremos as características xerais dos animais vertebrados.
Describiremos os características xerais dos peixes, diferenzando entre os peixes cartilaxinosos e os peixes óseos.
Estudaremos os principais grupos anfibios e as súas características, así como o seu proceso reprodutivo coa metamorfose dos cágados.
Respecto ós reptiles, ademais das súas características anatómicas repasaremos a súa clasificación taxonómica.
As aves son un dos grupos de vertebrados máis facilmente observables polos humanos. Estudaremos as súas características e diferenciaremos os dous grandes grupos de aves: as ratites e as carenadas.
Investigaremos os rasgos principais do noso grupo taxonómico e os tres grandes taxóns de mamíferos (monotremas, marsupiais e placentarios).
Os vertebrados proporcionannos numerosos beneficios. Ademais coñeceremos algunha especes de vertebrados de interese en Galicia.
Os vertebrados é un dos grupos animais con maior éxito evolutivo, de feito están presentes en todos os ecosistemas.
Todos eles posúen corpo con cabeza e extremidades (patas, ás, aletas,...), cun sistema nervioso con encéfalo, médula espiñal e nervios.
Parte deste sistema nervioso atópase protexido pola columna vertebral e o cranio, compoñentes do esqueleto.
A principal característica dos vertebrados é precisamente que presentan un esqueleto óseo interno que mantén a estrutura corporal. O esqueleto suxeita o corpo do animal e permite o movemento grazas á contración dos músculos anclados ós osos.
A regulación da temperatura corporal pode ser ectotérmica ou endotérmica, sendo a segunda opción a que presentan as aves e os mamíferos
A súa reprodución é sexual, habendo grupos ovíparos e vivíparos.
Os anfibios soen vivir en ambientes húmidos, pois a súa fisioloxía e reprodución está moi ligado ós ambientes acuáticos.
A súa pel é moi fina (permite a respiración cutánea) e debe manterse húmida, en parte grazas a glándulas secretoras. Tamén respiran por pulmóns e nas larvas acuáticas mediante branquias.
Posúen catro estremidades adaptadas para camiñar, saltar ou nadar.

A maioría dos anfibios son animais depredadores moi activos, aínda que moitas das larvas poden ser omnívoras.
.jpg)
A fecundación prodúcese de xeito externo na auga. A femia deposita a posta de ovos na auga e o macho a fecundaos co seu esperma. Os ovos, sen casca, eclosionan e as larvas ou cágados viven na auga. Ó cabo dun tempo sufren unha metamorfose que da lugar a pequenos anfibios adultos.

O seu corpo é alongado coas catro patas curtas de igual lonxitude e cunha cola longa. Forman parte deste grupo os tritóns e as píntegas.

O seu corpo é máis curto, non teñen cola e as patas traseiras son máis longas e fortes. Os dedos poden ter unha membrana interdixital natatoria.
Pertencen ós anuros as rás e os sapos.


Nas rías galegas son moi habituais un animais denominados arroaces e golfiños. Hai dúas especies bastante doadas de ver se saes ó mar: o arroaz común (Delphinus delphis) e o golfiño (Tursiops truncatus).
Busca en internet información sobre a súa bioloxía e contesta ás cuestións plantexadas na seguinte páxina.