1
Bioaventuras cos invertebrados
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

O Centro Oceanográfico prepara unha investigación sobre os principais invertebrados das nosas rías. Xunto co teu equipo ídesvos mergullar nos fondos mariños para fotografar e tomar mostras de diferentes animais invertebrados mariños como vermes, anémonas ou estrelamares.








  • Características


    Veremos as características xerais dos animais invertebrados.






  • Invertebrados I


    Describiremos os grupos de invertebrados máis sinxelos como os poríferos, os cnidarios e os vermes.






  • Moluscos


    Estudaremos a grande variedade de moluscos, desde os caracos ata os polbos pasando polos bivalvos.


  • Artrópodos


    Os artrópodos son un dos grupos con maior diversidade da biosfera. Coñeceremos as características de arácnidos, miriápodos, crustáceos e insectos.




  • Equinodermos


    Investigaremos os grupos de equinodermos máis importantes e as súas características.


  • Especies de interese


    Hai invertebrados poden causarnos prexuizos pero moitos máis vannos proporcionar beneficios como alimentos ou servizos ecolóxicos.


Os invertebrados conforman unha grande variedade de taxóns do reino dos Animais. A única característica común entre eles é a carencia dun esqueleto interno. Os invertebrados viven en todos os ecosistemas e amosan unha grande variedade de solucións anatómicas e fisiolóxicas.



  • Cnidarios


    Os Cnidarios teñen simetria radial, son animais acuáticos principalmente mariños.

    O seu corpo é moi sinxelo pois unicamente teñen unha cavidade gastrovascular cun orificio de acceso e arredor del tentáculos con células urticantes, chamadas coanocitos.


  • Augamares


    As augamares son cnidarios que viven flotando na auga. O seu corpo ten forma de antuca coa boca/ano na parte inferior.


  • Pólipos


    Os pólipos viven suxeitos ó fondo mediante un pé carnoso. A boca/ano atópase na parte superior. Poden ser de tamaño grande como as anémomas ou moi pequenos en colonias como os corais.


  • Características


    Presentan simetría bilateral, de vida acuática ou terrestre, maioritariamente con cuncha. A reprodución é ovípara.

    O seu corpo divídese en

    -Cabeza con órganos sensoriais.

    -Masa visceral cos órganos internos e rodeada por unha lámina ou manto.

    -Pé musculoso para o desprazamento.










  • Gasterópodos


    Son os caracois terrestres, os caramuxos, lesmas e lapas.

    Contan cun pé musculoso, unha cuncha en espiral e un órgano raspador, a rádula, para coller o alimento.

    Os terrestres respiran mediante unha pulmón moi sinxelo e os acuáticos por branquias.


  • Bivalvos


    As ameixas, mexilóns, vieiras ou navallas son bivalvos. O corpo está protexido por unha cuncha de dúas valvas con fortes músculos que a manteñen pechada. O pé ten forma de cuña para enterrarse na area pro algúns tipos viven sésiles, apegados ás rochas grazas a unha febras chamadas biso. Como son acuáticos respiran mediante branquias e aliméntanse mediante filtración de auga mediante sifóns.




  • Cefalópodos


    Os cefalópodos (polbos, luras e chocos) posúen tentáculos, unha grande cabeza que ten cuncha interna (pluma) e ollós moi desenvolvidos. Son bos nadadores mediante un sifón que proxecta auga e capturan presas cun órgano córneo chamado bico de papagaio.


Os equinodermos son animais de simetría radial, mariños, con diferentes formas corporais:
-Ourizos: forma globosa con espiñas.
-Estrelamares e ofiuras: forma estrelada.
-Holoturias: forma cilíndrica.
-Lirios de mar: aspecto de planta.
Todo eles teñen en común características como a ausencia dunha cabeza diferenciada, a superficie do corpo cuberta de placas e espiñas, ovíparos e metamorfose e presenza dun sistema ambulacral (unha especie de sistema de tubos internos cheos de líquido que permite o movemento do animal mediante numerosos apéndices chamados pes ambulacrais).