1
Bioaventuras cos animais: caracteristicas xerais
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

Un instituto de Veterinaria ven de encargarnos un profundo traballo de recopilación sobre anatomía comparada de todo o Reino dos Animais. O voso equipo deberá de realizar inventario de todas as estruturas anatómicas dos diferentes animais coa finalidade de ter unha visión global deste reino tan variado. Mediante potentes ferramentas de escaneado obteremos imaxes do interior do corpo dos animais estudados.


  • Características


    Veremos as características xerais dos animais, a simetria que presentan os seus corpos, estratexias para desenvolver as función vitais e principais taxóns do Reino Animal.




  • Dixerir e respirar


    Compararemos as distantas solucións dos animais para poder dixerir os alimentos e intercambiar gases co medio.






  • Circular e excretar


    Analizaremos os diferentes aparatos circulatorios e órganos de excreción


  • Receptores/Efectores


    Coñeceremos os distintos órganos sensoriais que permiten ós animais percibir os estímulos. Tamén os órganos efectores que permiten executar as respostas elaboradas polos sistemas de coordinación.


  • Coordinación


    Investigaremos os dous sistemas que permiten coordinar a función de relación: o sistema nervioso e o endocrino.


  • Reprodución


    Analizaremos as formas de reprodución asexual nos animais e, sobre todo, a exitosa reprodución sexual nas súas principais variantes de desenvolvemento do cigoto.


O reino dos Animais son seres vivos pluricelulares, eucariotas, heterótrofos, cuxas células teñen centríolos, organizados con aparatos e sistemas. A maioría deles teñen capacidade de desprazamento. Hai grande variedade de formas e viven en todos os ecosistemas.




  • Corpo filtrador


    A esponxas (Poríferos) filtran alimento da auga e este entra directamente nas células.






  • Cavidade gástrica


    Augamares e anémonas (Cnidarios) dispoñen dunha bolsa dixestiva ou cavidade gastrovascular cun orificio por onde entra o alimento e saen os refugallos despois da dixestión.


  • Tubo dixestivo


    A maioría dos animais dispoñen dun tubo dixestivo con dous orificios. Pola boca entra o alimento, ó longo do tubo é dixerido e os nutrintes pasan á circulación e os restos son expulsados polo ano (orificio de saída). Hai varios tipos de tubos dixestivos:

    -Sinxelos: algúns vermes posúen un tubo con tramos de trituración do alimento.

    -Complexos: os vertebrados teñen tubos con tramos especializados en diferentes tratamentos do alimento e glándulas que verquen substancias dixestivas.










  • Movemento


    Prodúcense grazas á contracción dos músculos.

    -Invertebrados sen exoesqueleto (miñocas): os músculos atópanse baixo a pel. Ó contraerense o corpo do animal encóllese e logo estírase producindo movemento.

    -Invertebrados con exoesqueleto (insectos): os músculos atópanse unidos á cara externa do exoesqueleto. A contracción move as pezas do exoesqueleto.

    -Vertebrados: os músculos atópanse unidos ós osos do endoesqueleto. A contracción move os osos e permite o desprazamento.




  • Secreción


    As glándulas producen e segregan diferentes substancias: suor, cuspe, veleno, leite,...