1
Bioaventuras coas plantas: características e clasificación
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

O equipo de aventureiros introdúcese nun invernadeiro tropical. Equipados con instrumentos científicos pretenden descubrir as características das plantas. Adéntrate nesta selva en miniatura para investigar o mundo da Botánica



  • Partes dunha planta


    Descubriremos a anatomía dunha planta típica.


  • Raices-Tallos-Follas


    Describiremos a enorme variedade de formas que presentan as raíces, tallos e follas.


  • Clasificación


    Revisaremos a clasificación taxonómica dos principais grupos de plantas.


  • Especies


    Coñeceremos algunhas especies de plantas dos ecosistemas galegos.






O reino das Plantas está formado por seres vivos pluricelulares, eucariotas, fotosintéticos, cuxas células teñen parede celular e cloroplastos.







  • Raíz


    Permite a fixación da planta ó solo e a absorción de auga e sales minerais.






  • Talo


    Manten en pé a planta e suxeita follas, flores e froitos. Contén vasos condutores do zume bruto e elaborado.


  • Folla


    Nelas a planta realiza a fotosíntese para fabricar os seus nutrientes.

    Posúe distintas partes: limbo (lámina), pecíolo (une limbo co talo), face e envés (parte superior e inferior do limbo) e nervios (vasos condutores).

    As xemas son follas ao comezo de formarse.




  • Flor


    É o órgano reprodutor das plantas superiores. Posúe as seguintes partes: sépalos (forman o cáliz), pétalos (forman a corola), pistilo (xera os gametos femininos) e estames (produce os gametos femininos).