1
Bioaventuras con Moneras, Protoctistas e Fungos
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

O teu equipo acaba de recibir un misterioso paquete con material de laboratorio: microscopios, lupas binoculares, placas de Petri, tubos de ensaio, ágar-agar, asas de sementado,...
Abre a caixa e prepárate para investigar o mundo das bacterias, os protozoos, as algas e os fungos.

  • O reino Moneras


    Coñeceremos as diferentes formas bacterianas e os seus xeitos de nutrise.




  • O reino Protoctistas


    Investigaremos a grande variedade de organismos incluídos no reino dos Protoctistas.






  • O reino Fungos


    Descubriremos os diferentes tipos de fungos presentes no medio natural.


  • Danos e beneficios


    Comprobaremos que algúns organismos destes reinos poden ser prexudiciais para a nosa saúde. Sen embargo, hai moitos máis que nos proporcionan alimentos, medicamentos e beneficios medioambientais.






O reino das Moneras comprende a todos os seres unicelulares e procariotas. Entre os máis coñecidos están as bacterias, pero tamén hai outros organismos como as arqueas e as cianobacterias.
Son os organismos máis abondosos da biosfera pois están presentes en todos os ecosistemas en grandes cantidades, incluso sobre a túa pel e no teu intestino.





  • Características


    Comprende aqueles organismos eucariotas, unicelulares e pluricelulares que non pertencen ós reinos dos fungos, plantas e animais.

    Polo tanto é un reino moi diverso, que inclúe ós protozoos e ás algas.






  • Protozoos


    Son organismos eucariotas unicelulares, con moitas semellanzas ás células animais. Habitan en medios con auga (mar, lagos, charcas, solo, medio interno animal,...).


  • Algas


    Son organismos unicelulares e pluricelulares con células moi semellantes ás células das plantas, pois posúen parede celular e cloroplastos.




As algas poden ser:
Unicelulares: viven na zona iluminada de océanos, lagos e charcas. Forman parte do plancto. Algún exemplos son Clamydomonas ou Navícula.
Pluricelulares: Viven no mar e augas doces. Presentan unha base coa se suxeitan ó fondo (rizoide), unha lámina superior (filoide) e un filamento que une ambas (cauloide). Clasifícanse segundo o tipo de pigmento fotosintético que presenten: algas verdes (p.e. Ulva), vermellas (Gelidium) e pardas (Fucus).



Na imaxe podese ver un ser vivo formado pola unión simbiótica entre un fungo e unha alga unicelular. O primeiro dalle auga e sales minerais e a segunda fornece compostos orgánicos grazas á fotosíntese.







En estudos de Medicina e Bioloxía, para investigar bacterias, lévedos e fungos resulta moi útil o seu cultivo en recipientes denominados placas de Petri cun medio de cultivo nutritivo que contén unha xelatina chamada ágar-ágar. Busca información en internet sobre esta substancia e responde a pregunta.
De que organismos se extrae o ágar-ágar?