1
Bioxeoaventuras na biosfera
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

Comezamos unha viaxe na procura da biodiversidade. Recolleremos información dos diferentes tipos de seres vivos que poboan a Terra. As mostras serán enviadas e analizadas no Museo de Historia Natural. Abre as súas portas para introducirte no mundo da biosfera

  • A Terra planeta vivo


    Descubriremos as razóns polas que a Terra é o único planeta con seres vivos.




  • Que é a vida?


    Indagaremos que características son comúns a todos os seres vivos.


  • A célula


    Coñeceremos a célula, unidade básica da que están feitos os seres vivos.




  • Niveis organización


    Organizaremos os seres vivos dacordo co seu nivel de complexidade e organización


  • Funcións


    Profundaremos para comprender as tres funcións básicas que presenta todo ser vivo.


-Composición química: Presentan substancias inorgánicas (auga, sales) e orgánicas (glícidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos)
-Estuctura: formados por células.
-Funcións: nutrición, relación e reprodución.
-Dinamismo: equilibrio interno, crecemento e evolución.



  • Unidade básica


    Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.




  • Tipos de organismos


    Unicelular: ser vivo que está formado por unha soa célula.

    Pluricelular: ser vivo que está formado por moitas células.




  • Compoñentes


    Todas as células presentan as seguintes estruturas:

    Membrana celular: rodea e ailla o interior da célula do medio.

    Citoplasma: medio interno líquido que contén biomóleculas e orgánulos.

    Orgánulos: estruturas celulares que desenvolven diferentes funcións.

    Material xenético: ácidos nucleicos que almacenan a información xenética da célula e dirixen a súa actividade.




  • Tipos de células


    Procariota: unicelulares, máis primitivas e pequenas que as eucariotas. O material xenético (chamado nucleoide) atópase no propio citoplasma e non posúen orgánulos membranosos. Preséntanna as bacterias e cianobacterias

    Eucariota: unicelulares ou pluricelulares. O material xenético atópase dentro dunha estrutura esférica e con membrana denominada núcleo. Presenta varios tipos de orgánulos membranosos. Preséntanna os protozoos, algas, fungos, plantas e animais.






  • Células eucariotas


    Vexetais: presente en algas e plantas. Posúen cloroplastos, un grande vacúolo e parede celular.

    Animais: presente en células animais. Non posúe as estruturas antes citadas e ademais presenta centríolos.




Mitocondria: obtención de enerxía.
Ribosomas: fabricación de proteínas
Retículo endoplasmático: produción de lípidos
Aparato de Golgi: reserva de lípidos e proteinas

Somentes na célula vexetal:
-Cloroplasto: realiza a fotosíntese
-Vacuolo: almacena substancias
-Parede celular: dalle rixidez á célula

Somentes na célula animal
-Centríolo-Centrosoma: intervén na división da célula
-Vesículas: almacena substancias

Nutrición: obtención de nutrintes que permiten o crecemento e proporcionan enerxía para o mantemento da vida. Dous tipos:
-Autótrofa: obtención de nutrintes orgánicos a partir de materia inorgánica e enerxía solar.
-Heterótrofa: obtención de nutrintes orgánicos a partir doutros organismos.
Relación: interacción co medioambiente. Etapas:
1-Captación de estímulos mediante receptores.
2-Interpretación da información cos centros de coordenación
3-Elaboración dunha resposta axeitada cos efectores.
Reprodución: creación de novos organismos a partir de organismos iniciais, perpetuando cada especie. Dous tipos:
-Asexual: por bipartición, xemación, esporulación dun único organismo
-Sexual: por unión de gametos de dous individuos de distinto sexo.


Taxonomía: especialidade da Bioloxía que estuda a clasificación dos seres vivos en base a súa relación de parentesco evolutivo.

Taxóns: categorías xerarquizadas mediante as que se clasifica un ser vivo. As principais son: REINO-FILO-CLASE-ORDE-FAMILIA-XÉNERO-ESPECIE

Nome científico: o que corresponde a cada especie de ser vivo. É binomial, pois consta dun nome de xénero e un nome específico.

Busca información en internet sobre os liques un organismo que está formado pola unión de dous seres vivos de dous reinos e con dúas formas de nutrición diferentes.
Como se denomina o tipo de asociación que forman os liques?