Mergullarémonos no océano, percorreremos os ríos, voaremos entre as nubes e mollarémonos coa choiva.
Imos realizar un percorrido polas etapas do ciclo da auga. Pon en marcha o teu submariño para comezar a viaxe no océano Atlántico....
Descubriremos a composición e as especiais propiedades da auga.
Percorreremos os diferentes compartimentos da hidrosfera.
Simularemos a viaxe da auga ó longo do planeta.
Describiremos os diferentes aproveitamentos humanos deste importante recurso.
Analizaremos as diferentes formas de contaminación que están a degradar a hidrosfera.
Daremos a coñecer ideas para mellorar a conservación deste recurso tan importante.
A auga é unha substancia formada por moléculas compostas por 2 átomos de hidróxeno e 1 de osíxeno. Grazas á súa composición e estrutura ten moitas propiedades favorables para os seres vivos:
-É incolora, insípida e inodora. A luz ou os sales minerais fan que varía a súa cor e sabor.
-É un moi bo disolvente doutras substancias, feito aproveitado polos seres vivos.
-Acumula e libera calor moi lentamente, polo que regula a temperatura do planeta e dos seres vivos.
-Diminúe a densidade ó conxelarse, por iso o xeo flota na auga líquida.
Toma nota dos valores de masa e volume destas dúas mostras de auga (billa, mar).
Mariñas= 97%
Continentais= 3%
Do 3% das continentais:
Polos/Glaciares= 79%
Subterráneas= 20%
Superficiais= 1%
Do 1% das superficiais:
Lagos= 58%
Solo= 38%
Ríos= 1%
Vapor auga= 8%
Seres vivos= 1%
Busca información en internet sobre a illa de lixo do Pacífico (isla de de basura). Semella incrible pero o fenómeno estase a repetir noutras zonas do mundo.
Que tipo de residuo é o que se está a acumular nesa parte do océano?