1
Xeoaventuras na atmosfera
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

Xa temos listo o globo para ser enviado á atmosfera.
Mediante esta viaxe coñeceremos mellor os segredos e problemas desta importante capa da Terra.
Cliquea no son para acender os quentadores...

A atmosfera é unha capa de gas que rodea o planeta. Esta composta de aire e de partículas en suspensión (cinzas, pole,...). Os gases que foman o aire son:
-Nitróxeno: inerte para os seres vivos
-Osíxeno: necesario para a respiración.
-Dióxido de carbono: permite o efecto invenadoiro e a fotosíntese.
-Vapor de auga: forma as nubes e a chuvia.
-Outros gases: gases nobres, ozono e hidróxeno.







Protexe a vida:
-Filtra raios ultravioleta e destrúe meteoritos.
Contén gases necesarios para a vida:
-Osíxeno para a respiración dióxido de carbono para a fotosíntese.
Regula a temperatura da Terra:
-Efecto invernadoiro: retén parte da calor recibida e a distribúe (Tª media: 15º).

Busca información en internet sobre o burato da capa de ozono na estratosfera que se produciu no século XX por mor das emisións de CFCs contaminantes.
Sobre que continente se sitúa o burato?