
Imos descubrir a Xeosfera!
Comezan as perforacións do equipo xeolóxico. Imos da procura dos segredos do interior do planeta, das súas riquezas en rochas e minerais.
A que esperas, cliquea no son para activar o martelo pneumático e comeza a perforación...

A xeosfera da Terra esta formada por unha serie de capas cuxos límites chámase descontinuidades. A temperatura aumenta moitísimo coa profundidade e cada capa ten diferentes características:
-Codia: a máis superficial e fina, de rocha sólida. Divídese en codia oceánica e continental.
-Manto: intermedia, moi grosa e de rochas máis densas. A zona superior é ríxida pero na inferior a rocha é plástica ou está fundida.
-Núcleo: a máis interna, de metal. O núcleo externo é metal líquido e o interno sólido.

A litosfera está formada pola codia e o mánto superior.
É unha capa ríxida que está fragmentada en placas tectónicas. Ditas placas desprázanse moi lentamente provocando os diferentes relevos da Terra:
-Nos océanos, chairas, dorsais e foxas submariñas.
-Cordilleiras, chairas e depresións nos continentes.
-Fenómenos xeolóxicos como volcáns e terremotos.

Todos os minerais teñen estas características:
-Son sólidos.
-Fórmanse no medio natural.
-Son inorgánicos: non presentan compostos propios dos seres vivos.
-Composición uniforme: formados por un mesmo tipo de átomos e moléculas.
-Estructura cristalina ordeada: os átomos atopanse ordenadamente a nivel microscópico; por iso, ás veces, o mineral ten formas xeométricas.
Aspecto visible do mineral; ás veces poden ter formas xeométricas chamadas cristais.

Toma nota da masa e do volume da galena para calcular a súa densidade.
A rochas sedimentarias clasifícanse en:
-Detríticas: formadas pola unión de fragmentos procedentes da erosión. P. ex.: conglomerado, pedra de gra e arxilitas
-Carbonatadas: pola sedimentación de carbonato cálcico disolto no mar ou das cunchas seres vivos. P.ex. calcaria e lumaquela.
-Orgánicas: pola acumulación de restos orgánicos de seres vivos, como plantas (carbón) ou pláncton mariño (petróleo).
Xoiería: ouro, diamante
Optica: fluorita
Electrónica: coltán
Coleccionismo: amatista
Combustible nuclear: Uranio
Fertilizantes agrícolas: Fosfatos
Vidro: Cuarzo
Sal: Halita
Ferro: magnetita
Cobre: calcopirita
Wolframio: wolframita
Chumbo: galena
Aluminio: bauxita
Estaño: casiterita

Busca información en internet sobre a mina da Penouta (Viana do Bolo).
Que importante mineral, usado para fabricar teléfonos móbiles, se obtén dela?