1
Xeoaventuras no Universo e a Terra
Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

Comeza a aventura espacial¡
Na túa nave viaxaras polo Universo descubrindo a súa inmensidade e misterios.
De regreso orbitarás arredor da Terra para comprender os fenómenos astronómicos que fan único o noso planeta.

Comeza a conta atrás: 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1....Cliquea no son e despega



  • O Universo


    Coñeceremos as principais explicacións, ó longo da Historia, da estrutura do Universo e a súa orixe.




  • O Sistema Solar


    Identificaremos os astros que compoñen o noso Sistema Solar










  • Movementos da Terra


    Profundizaremos nos movementos da Terra e os seus efectos na vida cotián.




  • O noso satélite


    Comprenderemos os enigmas da Lúa, o noso satélite.


  • Sucesos astronómicos


    Investigaremos as causas de fenómenos astronómicos moi chamativos como as mareas e as eclipses.


Astrónomos como Ptolomeo, hai 2200 anos, defendían un modelo de Universo no que todos os astros xiraban arredor da Terra.
A Terra era o centro do universo, xirando ao seu arredor o Sol, a Lúa, Venus, Marte, Xupiter e Saturno. Por enriba dos planetas habería unha esfera coas estrelas.

O heliocentristas defendían un modelo no que a Terra xiraba arredor do Sol, igual que o resto de planetas.
O máis antigo deles (século III a.C) foi Aristarco de Samos, pero ata o seculo XVI predominou o xeocentrismo como teoría máis aceptada. Nese século os heliocentristas (Nicolas Copérnico, Galileo Galilei) confiman con cálculos e observacións a validez do modelo heliocéntrico
.


O noso sistema solar está formado por unha estrela, o Sol, arredor da que orbitan planetas e outros corpos. Os planetas xiran arredor do Sol (translación) e sobre si mesmos (rotación).
Atópase nun dos brazos da galaxia da Vía Láctea, ten forma elíptica e mide uns 16000 millóns de qm.



A rotación terrestre, no sentido contrario ás agullas do reloxo, cada 24 horas, fai que sempre haxa unha metade iluminada e unha metade escura.

O movemento de translación dura 365 días, 6 horas e 25 minutos, tamén no sentido contrario ás agullas do reloxo.
O ano astronómico dura máis que os 365 días do calendario,para compensalo cada catro anos engadímoslle un día (29 febreiro), ó ano bisiesto.
A inclinación do eixe de rotación fai que segun a posición da Terra na súa órbita haxa un hemisferio que reciba maior radiación solar. Por iso as estacións do ano son inversas en cada hemisferio.

Busca información en internet sobre o cometa Halley. Xa pasou pola Terra varias veces: 239 a. C., 164 a. C.,4​5​ 86 a. C. 11 a. C., 66, 141, 218, 295, 374, 451, 530, 607, 684, 760, 837, 912, 989, 1066, 1145, 1222, 1301, 1378, 1456, 1531, 1607, 1682, 1759, 1835, 1910 e 1986.