1
Cidades


As cidades
As máis queridas
e as máis ferintes.
As cidades dos mapas.
As do norte e do sur.
As de dátiles de luz.
As de sardiñas de prata.
As de papel.
As que latexan e as que doen.
As cidades.
Sempre ateigadas de xentes,
de escolas, de camións, de farolas...
As cidades do corazón.
Estes son os seus poemas



A
cidade onde vivo ten mar.
No inverno é mar bravío;
no
verán, agarimoso;
cando quere mimoso e cando non,
maldito,
perigoso,
traidor,
e, se non,
que llo digan ao
pescador
que nel anda, coma cunha espiña
para traer a porto
pescada
, xurelo e sardiña.













Eu vivín nunha cidade de iogurt
con rúas de marmelada,
e edificios doces coma caramelo.

E nunha de ladrillo
con rúas de cemento,
e edificios fríos coma o vento.

E nunha de esparto
con rúas de manteiga,
e edificios porosos coma o feno.
Eu vivín en todas partes,
habitante do tempo.





Revisa as túas respostas.
Se chegaches ata aquí e tes máis de oito respostas correctas, noraboa, podes continuar.

Se o número de acertos é inferior a oito, entón pasarás á páxina un e comezarás de novo.


Coñecín as cidades do norte
onde nunca era de noite.
Alí hai un solpor de renos
que se funde coa aurora boreal.
Sae o sol de medianoite
contra os tellados das casas
e o vento desas latitudes
debuxa un cadro branco,
con sabor a fume.
As vivendas son coma salmóns
grandes peixes de fermosura
invernal.









Coñecín unha vez unha cidade
de papel.
Sobre un mantel
se erguía.
Gabeaba nas mesas,
facía chairas nos pratos,
edificios nos vasos.
Sempre a grandes pasos
medraba polo chan,
onde tamén corría un can
e un gato…
…Cidade de papel,
abrupto mantel, que eu coñecín.
De que morreu aquela cidade sen fin?