1
A señorita Bubble

Noa e Sofi

Hai persoas que son imaxinativas, ocorrentes e cunha chispa tal que poderían acender un misto só con concentrar toda a enerxía na súa mirada.
Así era Noa, unha nena soñadora e creativa. Contaba con nove anos e de maior quería ser astronauta, só para chantar na lúa unha bandeira coas palabras: NOA A NENA EXPLORADORA ESTIVO AQUÍ.
A nosa amiga tiña unha irmá pequena chamada Sofi. Con tan só seis anos, as ideas de Sofi estaban bastante claras: de maior sería futbolista ou política. As dúas formaban un equipo fantástico. Malia que ás veces discutisen por cousas de irmás, queríanse pola vida.













Revisa as túas respostas.
Se chegaches ata aquí e tes máis de oito respostas correctas, noraboa, podes continuar.

Se o número de acertos é inferior a oito, entón pasarás á páxina 1 e comezarás de novo.





O mundo é coma unha macedonia ou xeado de tutifruti. Hai xente para todos os gustos. Existen persoas simpáticas, antipáticas, maniáticas, lunáticas, aristocráticas, fanáticas, reumáticas...
Estas últimas pasan a vida anoxadas, especialmente nos días neboentos. A néboa é moi traidora. Cando respiran, méteselles dentro do corpo polos buratos do nariz, provocando que lles doia desde a punta do pé ata o óso máis alto do cranio. E de todos é sabido que a dor e o bo humor son incompatibles.

























O amorodo, a mazá, a pera, o plátano, a sandía, o melón. Cantas froitas máis coñeces? Moitas, verdade? Cada unha co seu sabor, as súas propiedades, a súa cor, o seu tamaño etc. Hai dúas mazás idénticas? Claro que non. E coñecemos o lugar orixinario de cada unha das froitas? Pois tampouco ou polo menos non de todas.

Coas persoas pasa algo parecido, pertencemos a diferentes culturas coas que nos identificamos cunhas tradicións, crenzas, costumes, etc, pero ningunha de nós somos iguais, somos únicos/ as.



Comproba o que sabes das nosas tradicións, crenzas e cultura




A señorita Bubble é unha gran inventora. Ao longo da historia houbo e hai moitas mulleres investigadoras, o seu papel estivo, ás veces, silenciado. É importante que coñezamos a estas mulleres, referentes que marcaron e aínda marcan o camiño na excelencia investigadora.

Para iso, propoñémosvos que escollades unha delas e fagades un pequeno mural, resaltando aspectos da súa biografía, logros, fotos, debuxos...