1
Patente de corso

Teño un mapa do mar
que nos di onde ir
eu tamén navegar.

Sei de portos e illas
e de terras remotas
desde China ás Antillas.

Navegamos lixeiros
océanos infindos
e por novos vieiros.

Mais perder non perdemos
os rumbos indicados
nin xa nada tememos.

Tracexado o camiño
avanzamos seguros
polo mundo mundiño.

E se o tempo acompaña
a aventura iniciada
con bo tino e con maña
chegaremos con ben
de Galiza ao alén.













Son pirata bucaneiro
corsario de mar a dentro
e alma de filibusteiro

De terras galegas veño
e de aí esta afouteza
e a teimosis que teño

Dun barco estou eu ao mando
con leal tripulación
e así imos navegando

Unha nova singradura
cada día comezamos
sen medo nin atadura




Canón
Pola banda de babor
os canóns xa deitan fume.
Pola banda de estribor
máis que diso botan lume.


Abordaxe
Non hai pirata piratón
que non teña na abordaxe
a máis brava das accións.




Amar a natureza é un instinto que nunca deberiamos perder. Despois de todo, a vida é salvaxe, pero pretendemos domesticala.

Empecei a debuxar como todo o mundo: en canto alguén puxo un lapis nas miñas mans.

Simplemente nunca deixei de facelo.








Revisa as túas respostas.
Se chegaches ata aquí e tes máis de seis respostas correctas, noraboa, podes continuar.

Se o número de acertos é inferior a seis, entón pasarás á páxina un e comezarás de novo.