1


Nos seguintes exercicios imos estudar o emprego da música clásica nas películas dramáticas:

5.1. A música de L. van Beethoven en O discurso do Rei (2010)

5.2. A música de W. A. Mozart en Cadea perpetua (1994)

As películas dramáticas expoñen conflitos entre os personaxes provocando unha resposta emotiva no espectador. Algúns filmes deste xénero empregan música clásica na súa banda sonora, como a Sinfonía nº 5 de Gustav Mahler, en "Morte en Venecia" (1971) ou a Sinfonía nº 7 de Beethoven na escena máis famosa de "O discurso do rei" (2010) que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.

Noutra das escenas do filme, antes do seu discurso final, o rei, para corrixir a súa tartamudez, recita baixo a dirección do seu logopeda o monólogo de "ser ou non ser" da obra Hamlet de William Shakespeare mentres escoita polos auriculares a Abertura da ópera "As vodas de Fígaro" de Mozart. Podes ver esta escena pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA.

Se no filme "O discurso do rei" soaba a Abertura de "As vodas de Fígaro" de Mozart, tamén se poden escoitar outros fragmentos desta ópera noutros filmes dramáticos, por exemplo nesta escena de "Cadea perpetua" (1994) que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA. Nela, o prisioneiro Andy Dufresne encérrase na sala de altofalantes do cárcere desafiando ao alcaide ao facer soar un disco co duettino "Sull'aria... che soave zeffiretto" de xeito que sexa escoitado por todos os prisioneiros.