1

Nos seguintes exercicios imos estudar o emprego da música clásica no cine épico e de ciencia-ficción:

4.1. O cine épico: a música de R. Wagner en Excalibur (1981)

4.2. O cine de ciencia-ficción: a música de J. Strauss en 2001: unha Odisea no espazo (1968)

O argumento das películas de cinema épico adoita ter lugar en tempos de guerra ou de conflitos ao longo dun amplo espazo de tempo, onde un heroe ten que conseguir unha meta. Pode inspirarse ou non en feitos históricos. Na banda sonora dalgúns films épicos emprégase música clásica, e máis concretamente de óperas de carácter épìco, como as compostas por Richard Wagner (1813-1883). Un exemplo é a película Excalibur (1981), cuxa banda sonora emprega fragmentos de óperas deste compositor, como na secuencia final que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.

Ademais de O ocaso dos deuses, tamén soan fragmentos doutras óperas de Richard Wagner na banda sonora da película Excalibur, por exemplo nas escenas de raíña Xenebra co seu amante o cabaleiro Lancelot. Imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes unha destas escenas, que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA.

Os filmes de ciencia ficción sitúan a súa acción nun espazo ou nunha época imaxinario e desenvolven o seu argumento a partir de supostos avances científicos. Un dos mellores exemplos do emprego da música clásica na banda sonora deste tipo de filmes é 2001: unha Odisea no espazo (1968). Imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes unha das súas escenas, na que soa O Danubio azul, e que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA.