
Nos seguintes exercicios imos estudar o emprego da música clásica no cine bélico e de acción:
3.1. O cine bélico: a música de R. Wagner en Apocalypse Now (1979) e de F. Chopin en O pianista (2002)
3.2. O cine de acción: a música de A. Vivaldi en Spy Game (2001)

Numerosas películas de cine bélico utilizaron na súa banda sonora pezas de música clásica polo seu carácter marcial, ambiental, etc. Algúns exemplos son o Adagio para cordas Op. 11a (1938) de Samuel Barber no filme Platoon (1986) ou a Cabalgata das valquirias da ópera A valquiria (1856) de Richard Wagner nunha das secuencias máis célebres do filme Apocalypse Now (1979) que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.

Nas bandas sonoras dalgunhas películas de cinema bélico, en lugar de utilizarse pezas de música clásica sinfónica nas escenas de carácter marcial ou épico, empréganse obras de cámara para ilustrar outro tipo de escenas. Algúns exemplos son a Suite inglesa Nº 2 BWV 807 (1715) de Johann Sebastian Bach no filme A lista de Schindler (1993) de Steven Spielberg ou a Balada Nº1 op. 23 (1836) de Frédéric Chopin na película O pianista (2002) que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.

A música clásica tamén se emprega tanto na banda sonora de películas de acción como nas de suspense. É o caso do Aria da Suite para orquestra Nº3 BWV 1068 (1730) de Johan Sebastian Bach na escena da biblioteca do filme Seven (1995) ou do primeiro movemento de A Primaveira (As catro estacións Op.8, 1725) de Antonio Vivaldi no filme Spy Game (2001), que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.