Nos seguintes exercicios imos estudar o emprego da música clásica nos debuxos animados dende os inicios do cine sonoro até hoxe:
2.1. Nos inicios do cine sonoro (ca. 1930)
2.2. Na época do cine clásico (1940-1960)
2.3. Nos debuxos animados do século XXI
Coa invención do cine sonoro (1927) o argumento de moitas películas de debuxos animados inspirouse en obras de música clásica. Este é o caso de "Unha noite no monte pelado", a curtametraxe que podes ver pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes
Pulsa o botón verde "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA para ver o final da curtametraxe.
Tal como explicamos nos exercicios anteriores, despois da tormentosa noite chea de pantasmas, chega a calma do día...
Na época do cine clásico (1940-1960) triunfan as películas de debuxos animados producidas por Walt Disney. Nelas, a música da banda sonora tiña un alto grao de sincronía coas imaxes, até o punto de que cada xesto ou movemento dos personaxes ía suliñado coa música. Iste é o caso da célebre longametraxe "Fantasía", que imos estudar nos seguintes exercicios.
Pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, poderás ver un fragmento do episodio "O aprendiz de bruxo" (baseado na obra que Paul Dukas compuxo en 1897) e que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.
Dende os últimos anos do Século XX até hoxe, as películas de animación veñen beneficiándose de novas técnicas como a animación por ordenador e especialmente a exhibición dos filmes nos denominados cinex IMAX, que ofrecen un sistema de son de múltiples canles que rodean á audiencia. Con estas innovacións estreouse a película "Fantasía 2000" dos estudios Disney. A diferencia de "Fantasía" (1940), nalgunhas secuencias de "Fantasía 2000" a banda sonora non ten un grao tan alto de sincronía coas imaxes.
Pulsando abaixo o botón "VER VÍDEO" coa VENTÁ MINIMIZADA, poderás ver un fragmento do primeiro episodio desta película que imos estudar nos exercicios das páxinas seguintes.