Saltar navegación

A muller e a arte na Idade Moderna

Obxectivos

     Este proxecto educativo pretende que o alumnado coñeza e valore o papel da muller na Idade Moderna a partir do estudo de casos significativos que son unha mostra da conxuntura histórica-artística que atravesaron os estados europeos durante os séculos XVI e XVII. O estudo histórico do papel da muller na arte é un elemento necesario para que os estudantes asuman a transcendencia dunha educación non sexista que impulse a consecución da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no mundo actual.

     Así, nesta presentación imos a valorar a labor artística das mulleres na Idade Moderna; coñecer as artistas máis relevantes do Renacemento e Barroco italiano, holandés e español. Entre elas imos a destacar a vida e obra de Sofonisba Anguissola, Artemisa Gentilleschi, Clara Peeters, Andrea e Claudia de Mena e a Roldana.