A enerxía é unha magnitude física que mide unha capacidade, a dun corpo, para producir cambios nel mesmo ou noutros corpos.
O ser humano, dende os seus primeiros pasos na Terra e ao longo da historia, sempre buscou formas de usar a enerxía para obter unha mellor calidade de vida.
Para este propósito, utilizou diversas formas de enerxía: lume (enerxía química), velas e muíños (enerxía eólica), rodas hidráulicas (enerxía hidráulica), carbón (enerxía química), petróleo (enerxía química), nuclear (enerxía nuclear), etc.